Escoitar

Santi Domínguez salienta o éxito de público e das actividades que o Concello organizou en Vigolandia

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, visitaron hoxe Vigolandia, o parque de lecer que se clausura hoxe cun "balance altamente satisfactorio", segundo explicou o nacionalista. A falta dos datos da xornada de hoxe, na que se clausura, Vigolandia está tendo un maior número de visitantes que na edición anterior. O tenente de alcalde sinalou que é moi previsible que se superen as 21.000 persoas do ano pasado.

xoves, 30 dec 2010
1293717079Vigolandia.JPG
Santi Domínguez amosou a súa satisfacción non só polo éxito de público, senón tamén pola boa acollida que tiveron as novas actividades organizadas polo Concello de Vigo. O pargue do Vigolandios, a ponte tibetana con tirolina ou o hip-hop school son os algúns dos espazos máis demandados polos nenos e nenas ao longo dos cinco días de duración do parque.

O tenente de alcalde quixo tamén salientar o aspecto social que ten Vigolandia, xa que a recadación destinarase integramente a entidades sociais da cidade. "É un espazo no que ano tras anos ofrecemos unha opción moi atractiva para os nenos e nenas e os pais e nais, pero tamén unha iniciativa que ten un fin social que é moi importante", dixo.
Descargar todas as imaxes