O Concello colabora coa Fundación Oscar Pereiro na Gala Benéfica do Viño e a Moda organizada en favor da Asociación Española contra o Cancro
O alcalde, Abel Caballero, participou este xoves na presentación da gala que terá lugar o 21 de xaneiro ás 20:30 horas no Hotel Pazo Os Escudos para recaudar fondos para a loita contra o cancro, un evento que incluirá unha cata dunha decena de viños, desfile de novos deseñadores galegos e algunha sorpresa por confirmar. O aforo ascende a 300 persoas e o prezo do cuberto é de 50 euros, en favor da Asociación Española contra o Cancro.
O exciclista mosense Oscar Pereiro solicitou a colaboración da cidadanía en xeral e dos empresarios en particular e agradeceu a participación e colaboración de todos os organismos implicados no evento, a Alcaldía de Vigo, a AECC e Galicia de Moda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou esta "magnífica idea" que une a cultura do viño coa moda, a gastronomía e a "solidariedade infinita". Agradeceu e felicitou á Fundación Oscar Pereiro e á Asociación Española contra o Cancro, que "debería ter moita máis capacidade para chegar a máis sitios". "O noso apoio é prácticamente irrelevante, o mérito é deles", explicou.
A diretora de Galicia de Moda, Belén Correa, afirmou que "moda e viño fan unha maridaxe perfecta" e explicou que a Gala contará "nun marco incomparable" cos traballos dos novos deseñadores galegos Pedro e Estefanía Orgaz, Ana Simón e Pedro Fernández e a participación dunha decena de viños, como Marqués de Vizhoja, Martín Códax, Rectoral de Amandi e O Rei, entre outras. Correa agradeceu en particular ao Concello que "sempre nos apoiou" na edición da súa revista.
A presidenta da AECC, Josefina Crespo, agradeceu "inmensamente" ao alcalde o respaldo que vén ofrecendo nos últimos anos á Asociación e explicou os traballos de apoio psicolóxico e incluso económico que ofrece á entidade tanto a enfermos como a familiares, sen esquecerse da investigación.
Todos os participantes na presentación desta mañá, celebrada na Alcaldía de Vigo, animaron á cidadanía a colaborar con esta boa causa. O ingreso pode facerse no seguinte número de conta: 2080 0452 70 0040128501 de Novacaixagalicia.
Descargar todas as imaxes