Escoitar

O alcalde afirma que a licitación da depuradora é "seguramente a máis importante feita nunca na historia desta cidade"

O Diario Oficial da Unión Europea ven de publicar a licitación da nova Estación Depuradora de Augas Residuais de Vigo, por un valor total de 205,6 millóns de euros. Segundo os prazos adiantados polo alclade, o Boletín Oficial do Estado publica nestes días o anuncio, o próximo 28 de marzo abriran as ofertas e adxudicarase o 8 de xullo de 2011.

xoves, 9 dec 2010
1291903953023.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe xoves da publicación no Diario Oficial da Unión Europea da saída a licitación da nova depuradora de Vigo por 205,6 millóns de euros, "seguramente a máis importante feita nunca na historia desta cidade".

Segundo apuntou o primeiro edil, a publicación do acordo no Boletín Oficial do Estado debe producirse nestes dias, o próximo 28 de marzo abriranse as ofertas presentadas e o 8 de xullo terá lugar a adxudicación da mesma.

Abel Caballero agradeceu á anterior ministra de Medio Ambiente, Rural e Mariño, a galega Elena Espinosa, o seu "empeño" en levar adiante esta obra. O alcalde recordou que o Concello sufraga as expropiacións dos terreos con 10,5 millóns e o Goberno de España paga 105 millóns e financia a parte correspondente á Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes