Discurso do alcalde de Vigo na celebración do Día da Constitución
Celebración Día Constitución 2010
D. Alfonso Villagómez Cebrián Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Autor do bando
Concelleiras /os
Autoridades
Miñas donas e meus señores.
32 anos de Constitución, máis de tres décadas de ilusións compartidas, de obrigacións e dereitos sociais; de convivencia democrática, de concordia. Porque o 6 de decembro de 1978 comezaba o período de liberdade e convivencia pacífica máis longo da historia do noso país. e o dereito o traballo.
Un día especial nun ano especial. Ano 2010, ano do bicentenario de Vigo como Cidade Fiel, Leal e Valerosa, cidade de liberdades, solidariedade e dereitos individuais e colectivos; cidade que acadou a súa propia liberdade fronte ao exército napoleónico. Cidade que veu despuntar o seu desenvolvemento económico e social baixo o paraugas da Constitución.
Ano 2010. Testemuña en homenaxe bicentenario tamén ós primeiros parlamentos reunidos en San Fernando nas Cortes de Cádiz. A Constitución de 1812, senlleira en España, co cuño liberal da época, un fito histórico que xalonou o camiño de albores de democracia que iría aparecendo e sendo decapitada na loita de Sísifo para alumear a democracia eterna, que non chegaría hasta 1978.
A Constitución Española de 1978 recolle o saber das, desafortunadamente breves, experiencias democráticas previas e lle engade a decisión forte e convencida dunha cidadanía madura e ilusionada. Aprendimos na nosa alma antropolóxica que a lei de leis é un ben inestimable que debemos preservar defendendo os valores que entraña, os valores da liberdade persoal, da convivencia e da concordia en todos os ámbitos da sociedade.
Porque ó lado das diferencias e discrepancias que alberga con naturalidade unha sociedade democrática, os acordos que inspiraron a Carta Magna deben seguir a rexer igualmente hoxe o noso proceder. E teño para min que aqueles acordos seguen a vertebrar a sociedade igual que no ano 78.
A liberdade, a independencia e a democracia son principios entrecruzados, garantes uns dos outros, que deben ser alimentados. Así o entende o autor do bando desta celebración do Día da Constitución, Alfonso Villagómez Cebrián, a quen agradecemos fondamente a súa presencia neste acto e os seus pensamentos.
A sua dilatada traxectoria na Xustiza, desde os xulgados pasando pola oficina do Defensor do Pobo, o Tribunal Constitucional e o gabinete do Ministerio de Xustiza ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai de Alfonso Villagómez Cebrián un perfecto coñecedor da engranaxe democrática e voz dos dereitos e obrigacións que protexe a Constitución Española.
Francisco Fernández Del Riego, intelectual vigués e destacado defensor da democracia a través da cultura e da política, recordaba nas súas memorias a sombría época franquista afirmando que "ser home naqueles días era manterse ergueito, sen se dobregar, sen se torcer, defendendo teimudamente a causa de Galicia e da liberdade".
Na etapa constitucional que vivimos, a defensa que abandeiraba Fernández del Riego de Galicia e da liberdade, transfórmase, e continúa.
No presente contexto adverso a loita polas liberdades significa defender os dereitos constitucionais que nos avalan a cada un de nós, desde a unión e co compromiso de todos.
A cidadanía debe estar no centro da acción política. Baixo esta premisa, e por enriba de calquera interese partidista, debe primar o ben común. E a mesma Constitución nos dota dos instrumentos necesarios para defender ós cidadáns dos chantaxes intolerables duns poucos que danan o ben común e garantir a liberdade de transitar dos cidadáns, como esta a suceder nestes momentos no abuso inadmisible dos controladores aéreos.
Hoxe máis ca nunca, cando estamos a atravesar unha crise económica internacional tan profunda, o espírito da Constitución Española ten que materializarse nos acordos políticos e cidadáns que permitan asegurar a protección social dos máis desfavorecidos, promover as condicións para o progreso social e económico, e impulsar o emprego.
Para superar as dificultades é imprescindible remar todos na mesma dirección, traballar unidos e formar parte da solución.
Sumar, desde a discrepancia e as lexítimas opinións, pero aunando as forzas. O denominador común dos esforzos atopase no emprego, chave da autorrealización persoal, dereito primordial e eixo fundamental da actividade política actual.
Non hai nada máis rexeitable que un traballador en paro; non hai nada mais condenable que unha familia sen recursos. Desde o máximo respecto ao lexítimo debate político, temos que unir forzas para que aqueles que están a padecer máis duramente a crise económica teñan o noso respaldo, o noso alento e atopen horizontes esperanzadores.
Ese ten que ser o noso empeño en Vigo: aglutinar os impulsos de todos, comprometer todos os esforzos posibles para paliar os efectos adversos da crise na cidadanía coas leccións aprendidas da Constitución: a suma de vontades; a concordia e a convivencia cidadá. E unha palabra o fronte das demais, emprego; e un dereito ao fronte dos demais, dereito o emprego, e unha convicción destacada, a loita contra o desemprego.
A crise económica producida pola usura, pola codicia, pola especulación noxenta, a crise dos mercados sen corazón, debe atopar enfronte unha grande barreira de unión, de esforzo compartido, de cooperación de administracións, de brazos unidos das forzas sociais e políticas, que a frene, que a derrote, co telón de fondo da Constitución. De todos e de cada un.
E a crise salienta aínda mais outro dereito fundamental da cidadanía, a vivenda. O dereito a vivenda. E a mesma especulación alonxou a posibilidade de que xoves, traballadores, clases medias poidan acceder a súa vivenda ou aínda a unha de aluguer. E débense facer as reformas necesarias para acadar esta cobertura fundamental. Para facilitar o acceso a unha vivenda digna.
E o xeito de avanzar neste eido volve a ser a man tendida, o diálogo e os acordos entre as institucións, públicas e privadas.
Vigo destaca polo seu extenso e comprometido movemento social, que engrandece e enriquece á cidade ao velar pola igualdade de todos os cidadáns, amparando a dignidade individual, en particular por aqueles que precisan doutros para ver garantidos os seus dereitos.
Hoxe, aniversario da Constitución Española, reclamamos para Vigo a unión, a ilusión e o esforzo conxunto que alumaron o texto de 1978. reclamamos a concordia e a convivencia que emanan das súas páxinas.
A Constitución Española é o centro de gravedade da da vida democrática. E sabemos que os seus valores se identifican con Vigo. Queremos que a torre e a oliveira que visten o noso escudo sexan símbolos da concordia institucional, queremos que a torre e a oliveira da Praza do Bicentenario sexan a torre e a oliveira da marcha conxunta contra o leviatán maldito das crises dos especuladores. En este Vigo que tanto sabe de traballo ben feito, de automóbiles, de barcos, de peixe, de hospitalidade, contra a crise seguiremos ca sementeira da xentes que coñecen o seu oficio. Que non saben de especular, senón de competir limpamente para progresar.
Sírvome do 6 de decembro, imaxe da pacífica unión de vontades diversas en España, para reafirmar a nosa vontade de que Vigo siga ancorada na Constitución garante do progreso harmónico de toda a sociedade.
En 1978 as cesións e a xenerosidade política e persoal crearon aquel gran chan común chamado convivencia. As mans tendidas deron un paso de xigantes.
En 2010 as feridas da economa e do desemprego, reclaman, digo reclaman?, eisixen, xenerosidade e amplitude de miras. Eisixen o esforzo conxunto de todas as administracións, sen miradas, por lexitimas que poidan ser, os colores políticos, eisixen a busca dun futuro común da sociedade viguesa, galega e española.
Art. 35.1 da CE: Todo os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo.
¡Viva a Constitución!
Descargar todas as imaxes