Santi Domínguez anuncia que Vigo acollerá o 18 de decembro o "gran espectáculo do motor" Supercross Freestyle
O tenente de alcalde, presentou este venres o Supercross Freestyle de Vigo, que terá lugar o vindeiro 18 de decembro a partir das 18 horas no recinto feiral Ifevi. O nacionalista asegurou que é un dos maiores "espectáculo de motor celebrado na cidade". O evento contará coa presenza de grandes figuras do supercross co obxectivo de "continuar a nosa aposta de traer a Vigo grandes eventos".<br />
Na presentación deste evento do mundo do motor, Santi Domínguez destacou que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Turismo é preciso "seguir mantendo a liña" de organizar grandes eventos deportivos e culturais para promocionar a cidade. Neste sentido asegurou que o Supercross Freestyle traerá a Vigo numerosos visitantes de Galiza e o norte de Portugal.
Salientou que este evento tamén se enmarca no obxectivo de "seguir consolidando o Ifevi como espazo para albergar todo tipo de espectáculos". Ao respecto indicou qie esta proba, "unha das modalidades máis espectaculares", será o segundo evento da programación de Nadal, iniciada onte co musical de Disney, e que continuará coa celebración de Vigolandia.
Por parte da organización, o responsable deportivo e expiloto Sidney de Andrés afirmou que se elixiu Vigo porque é "referencia no mundo do motor". Asegurou que esta edición do Supercross Freestyle conta cun cartel integrado por 24 pilotos "bastante potente para ser a primeira vez que se celebra en Vigo", entre os que figuran Maxime Lesage, Manu Rivas, Adrián Garrido, Francisco Millán Díaz, Carlos F. Macanás, Joan Cross, Román Pérez, Ricardo Costas. Entre as novidades destacou a participación dun piloto de 17 anos e a exhibición de pilotos da categoría alevín, de entre 8 e 10 anos.
"O primeiro que nos impulsou a vir a Vigo foi a conversa con Santi Domínguez e o xerente do Ifevi, xa que ten unha planta perfecta para este percorrido", manifestou o reesponsable da montaxe, Juan de Andrés. Salientou que "nunha superficie rectangular como esta, de 90 x 40 metros, todos nos podemos lucir". Sinalou que preto de 5.000 metros cúbicos de area cubrirán o chan do Ifevi para construír o circuíto, para o cal farán falta catro días. O obxectivo é que a pista viguesa se semelle á de París, "o icono de supercross en Europa", asegurou.
Juan de Andrés indicou que a capacidade do recinto é de 4.500 persoas, e reiterou que en Vigo "podemos lucirnos todos". As entradas teñen un prezo de 22,75 euros para os adultos e de 18,75 euros as infantís. Pódense mercar a través de Servinova ou na taquilla telefónica 902 504 500 ou 986 110 500.
Descargar todas as imaxes