O tenente de alcalde reforza Vigo como destino no sector turístico de Barcelona e na feira líder de congresos
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou onte a oferta de Vigo ao sector turístico de Barcelona, co turismo urbano e a ría como principais reclamos, para desestacionalizar o noso destino, nun mercado no que a nosa cidade ten potencial de crecemento. Nun acto que se celebrou a última hora da tarde o nacionalista amosou a campaña "Vigo, velo para querelo" a unha ampla representación do sector turístico da Cidade Condal.
Pola mañá, o tenente de alcalde mantivo reunións de traballo con expositores da EITBM, a feira líder no sector de reunións globais e de incentivos, que se celebra estes días en Barcelona, co obxectivo de seguir reforzando Vigo como destino do turismo de congresos.
A presentación en Barcelona de Vigo como mercado turístico enmárcase nas accións de promocións que se están a desenvolver dentro do Plan de Competitividade Turística de Vigo e que tiveron a súa primeira experiencia no mes de outubro en Porto. Santi Domínguez salientou a importancia de achegarse a aqueles destinos que teñen un maior potencial de crecemento de visitantes. A este respecto indicou que "os estudos que temos realizado evidencian que Barcelona e a súa zona de influencia teñen un nicho de mercado onde temos moitas posibilidades de crecemento".
O tenente de alcalde salientou que o feito de que entre as dúas cidades exista unha conexión diaria de voos é un aspecto que xoga a favor da chegada de visitantes cataláns a Vigo. "Permite estadías curtas e fóra das habituais épocas de vacacións, afirmou.
Precisamente Santi Domínguez incidiu na súa intervención a idea de que Vigo é un destino que "ofrece unha ampla gama de recursos para resultar atraínte ao visitante en calquera época do ano". O obxectivo é conseguir que a nosa cidade perda a dependencia que ten da tempada de verán e sexa un destino desestacionalizado, no que o fluxo de turistas se manteña ao longo de todo o ano.
O acto de promoción celebrouse no Esferic, un edificio histórico situado nos xardíns Joan Brossa, en Montjic. A presentación de Vigo reuniu a todos os estamentos vinculados ao sector turístico da Cidade Condal (axencias de viaxes, hostaleiros, hoteleiros, técnicos de empresas turísticas..), así como o Departamento de Turismo da Cámara de Comercio, Turismo de Barcelona, Turismo da Generalitat, a Oficina de Promoción Turística da Deputación de Barcelona e as compañías aéreas Iberia e Vueling. Ao remate da presentación sortearonse dúas viaxes para que dúas persoas podan gozar dun fin de semana en hoteis de cinco ou catro estrelas de Vigo. No acto tamén participou a delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, en representación da Xunta, que xunto ao Concello e Turespaña financian o Plan de Competitivide Turística.
A presentación de Vigo en Barcelona fíxose coincidir coa celebración da feira líder no sector de reunións globais e de incentivos, a EITBM, na que Vigo está representada a través do Vigo Convention Bureau. Ao longo da mañá o tenente de alcalde visitou a feira e mantivo contactos con diferentes expositores para seguir promocionando a nosa cidade como sede de congresos e encontros de empresa de nivel internacional. "É un sector no que o turismo de Vigo ten moito futuro. En apenas o ano e medio que leva en marcha o Vigo Convention Bureau os resultados son moito mellores dos que inicialmente marcamos, por iso estou convencido de que o turismo congresual vai ser un dos eixos nos que a nosa cidade vai reforzar a súa posición como destino", afirmou.
Descargar todas as imaxes