Escoitar

Zona Franca intensificará os investimentos en solo industrial na área de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada do Consorcio da Zona Franca acordaron, nun encontro celebrado na mañá deste xoves, que o organismo estatal intensificará as inversións en solo industrial e "acelerará os seus proxectos de inversión". Tal e como explicou o rexedor socialista hai consciencia de que "unha vez que Vigo saia da crise económica" a área viguesa necesitará solo industrial dispoñible". Segundo o acordado na reunión, Caballero avanzou que Zona Franca "arrancará de xeito inmediato o edificio do Parque Tecnolóxico".

xoves, 2 dec 2010
1291298265pisano.JPG
Descargar todas as imaxes