xoves, 2 dec 2010
Abel Caballero mantivo un encontro coa directiva do Real Club Celta de Vigo para transmitir unha mensaxe de unión e o bo posicionamento da cidade, "á altura de urbes coma Madrid, Barcelona, Bilbao ou Porto". Pola súa banda arlos Mouriño avanzou que unha vez coñecida a decisión da FIFA, e en caso de que a candidatura formada por España e Portugal resultara elixida, sucederíanse as reunións no Concello para asentar as bases.
xoves, 2 dec 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou onte a oferta de Vigo ao sector turístico de Barcelona, co turismo urbano e a ría como principais reclamos, para desestacionalizar o noso destino, nun mercado no que a nosa cidade ten potencial de crecemento. Nun acto que se celebrou a última hora da tarde o nacionalista amosou a campaña "Vigo, velo para querelo" a unha ampla representación do sector turístico da Cidade Condal.
xoves, 2 dec 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a delegada do Consorcio da Zona Franca acordaron, nun encontro celebrado na mañá deste xoves, que o organismo estatal intensificará as inversións en solo industrial e "acelerará os seus proxectos de inversión". Tal e como explicou o rexedor socialista hai consciencia de que "unha vez que Vigo saia da crise económica" a área viguesa necesitará solo industrial dispoñible". Segundo o acordado na reunión, Caballero avanzou que Zona Franca "arrancará de xeito inmediato o edificio do Parque Tecnolóxico".
xoves, 2 dec 2010
O Club Financieiro de Vigo acolleu esta tarde o almorzo coloquio do alcalde de Vigo no que o rexedor aportou a súa visión da cidade, do seu presente e do seu futuro, a través das claves económicas que a caracterizan; a industria automobilística, a industria naval, a hostalería e o turismo conforman os eixos básicos da capacidade dunha urbe que debe pilotar a súa sustentabilidade en oportunidades como o desenvolvemento de infraestruturas tales coma o aeroporto, a alta velocidade, a autopista do mar ou a ampliación de Rande, entre outras.
xoves, 2 dec 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este xoves os actos que se desenvolverán mañá 3 de decembro con motivo do Día Internacional da Discapacidade. Anunciou que entre as actividades que se levarán a cabo para fomentar a sensibilización de toda a cidadanía no obxectivo de acadar a igualdade de oportunidades figura a entrega de premios, no Marco, aos once traballos elixidos da primeira edición do concurso "Eu tamén podo", a lectura dun manifesto a cargo de persoas con discapacidade e a entrega de premios Atranco e Accesibilidade.
xoves, 2 dec 2010
A Concellería de Cultura informa que a obra "Volpone", prevista para mañá ás 21 horas no Auditorio Municipal cáncelase debido á enfermidade dun dos actores da compañía. As persoas que adquirisen a entrada anticipadamente a través da web www.laboleteria.es, se lles reembolsará nos próximos días o importe da entrada na mesma conta na que teñan domiciliada a tarxeta de crédito coa que realizaron a súa compra. Tanto a concellería de Cultura como Talía Teatro intentarán buscar outra data para facer esta representación tan pronto como se produza a recuperación do actor.