luns, 29 nov 2010
O Pleno da Corporación ratificou este luns definitivamente as ordenanzas fiscais para 2011. Os impostos conxelaranse tras a aplicación do IPC (un 1,5%), non se actualizarán as taxas de escolas infantís e centros de maiores, e reducirase a de asistencia domiciliaria nun 1,31%. A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, subliñou que a carga fiscal da cidadanía diminuirá o vindeiro ano, pese a ser hoxe en día o gran concello galego con menor carga fiscal.
luns, 29 nov 2010
A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle unha nova mostra, neste caso a colección fotográfica "Impacto visual", do artista David Muíños coñecido artisticamente como Fotos DMD. A exposición pódese visitar ata o 14 de decembro de luns a venres de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
luns, 29 nov 2010
<br />
O Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, viaxou este luns á cidade de Vigo onde visitou un colexio público, o Concello de Vigo e xa pola tarde ten previsto reunirse co rector da Universidade e posteriormente con pais e profesores de colexios da cidade. Gabilondo asegurou que o Campus de Excelencia Internacional, Campus do Mar, suporá para Vigo e para Galicia "unha potencia de transformación". Abel Caballero deu a benvida ao Ministro e afirmou que a súa visita é especialmente importante porque este goberno municipal fai da educación "un tema central".
luns, 29 nov 2010
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo do Concello de Vigo rematou hoxe as actividades de senderismo do Programa "Camiño a Camiño e . Máis" deste ano que dirixe a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. As actividades durante este mes de novembro consistiron, entre outras, no recorrido da Senda Panorámica de Vigo GR53 da que hoxe finalizou a última das catro etapas da ruta.<br />
Trescentas persoas percorreron hoxe a cuarta e última etapa da Senda Panorámica de Vigo GR53 con 10,8 KM de percorrido que comenzou no Rebullón e rematou no ZOO da Madroa. A ruta, de intensidade media/baja, tivo unha duración de 3 horas.
luns, 29 nov 2010
Tras a entrega da licenza de primeira ocupación, o alcalde participou o pasado sábado no acto organizado de entrega de chaves das 145 vivendas que conforman a cooperativa que promove o sindicato UGT en Vigo, un edificio que está situado en Navia. A autorización municipal para a ocupación dos pisos foi concedida pola Xerencia de Urbanismo o pasado 12 de novembro.
luns, 29 nov 2010
Abel Caballero, entre outras personalidades, acudiu onte domingo á Casa Galega da Cultura en Vigo onde a Editorial Galaxia ten habilitado un libro de condolencias na memoria do intelectual galeguista Francisco Fernández del Riego. Durante a pasada xornada, múltiples literatos, políticos e ilustres da sociedade viguesa e galega quixeron rendirlle unha última homenaxe.