Caballero asegura que "existen bases moi sólidas para que a Área Metropolitana de Vigo vexa definitivamente luz verde"
O alcalde de Vigo amosou este venres a súa "vontade política absoluta" para consensuar coa Xunta de Galicia e cos concellos implicados o texto da futura Área Metropolitana de Vigo. Tras a presentación do proxecto autonómico, Caballero asegurou que "estamos na senda" para acadala xa que existen un "senfin de coincidencias" entre a súa proposta e a da Xunta de Galicia. O rexedor contactará co resto de municipios para intentar chegar a "acordos".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou este venres que "existen bases moi sólidas para que a Área Metropolitana de Vigo vexa definitivamente luz verde", tras o "senfin de coincidencias" existentes entre o proxecto autonómico -presentado onte en Vigo- e a propia proposta do rexedor.
Caballero reiterou a súa "vontade política absoluta" en acadar "consenso" entre a Xunta de Galicia e todos os municipios para levala adiante. Pese a notar "algunhas discrepancias" indicou que "é máis o que nos une".
O alcalde recoñeceu que o goberno autonómico fixo un "esforzo para aproximar posturas" e avanzou que o Concello de Vigo tamén está disposto a facer cesións en beneficio do "acordo" entre todas as partes. Neste senso, Caballero adiantou que o próximo luns entrará en contacto cos mandatarios de Cangas e Moaña -ausentes na presentación do conselleiro de Presidencia- para articular a súa "incorporación" ao proxecto.
Abel Caballero confia en coincidir nun único texto a pesar de que a súa proposta contemplaba máis "competencias" en materia de "urbanismo, concellos en rede ou aproveitamentos enerxéticos". No tocante aos órganos de goberno existe bastante coincidencia igualmente, coa retirada da futura área da delegada da Xunta de Galicia, así como no número de concellos (14 iniciais con posibilidade de ser ampliado).
"Outro avance moi importante", apuntou o primeiro edil, radica en que o borrador autonómico -tal e como reclamaba Caballero- non suporá ningún novo imposto sobre a cidadanía do área, aínda que falta concordar o sistema de financiamento. Tal e como aseverou o socialista, a súa proposta transfería máis fondos da Xunta e da Diputación provincial que dos propios municipios, á inversa que a opción do alcalde olívico.
Unha segunda diverxencia producíuse na convivencia das administracións públicas coa chegada dunha nova entidade, como sería a Área Metropolitana de Vigo. Abel Caballero estima que é "clave" que a chegada da Área implique a retirada doutras administracións do territorio mediante a cesión de competencias (parte dos municipios e da Xunta de Galicia e a práctica desaparición da Deputación de Pontevedra) para "evitar a duplicidade" de administracións.
Descargar todas as imaxes