Escoitar

O Concello trasladará o viveiro de árbores de O Castro para construir un parque biosaudable

Abel Caballero informou este venres da aprobación polo goberno local deste proxecto, que prevé abrir o actual viveiro de árbores para o uso cidadá con xogos biosaudables. A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ás humanizacións do entorno de Toural e Ríos e da parte habitada de Julián Estévez, máis de 1,1 millóns de euros en melloras que se iniciarán en breve.

venres, 26 nov 2010
1290781098023.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación en Xunta de Goberno Local do traslado do actual viveiro de árbores de O Castro para habilitar o espazo como parque biosaudables.

En rolda de prensa, o rexedor explicou que esta recuperación forma parte do proxecto municipal para dotar ao monte de "instalacións acordes" ao espacio de ocio cidadá que é actualmente, polo que o Concello creará este novo lugar de xogos biosaudables, ademais de ter mellorado o parque infantil.

As prantas e árbores do actual viveiro serán reubicadas noutras zonas verdes e/ou viveiros da cidade para abrir o recinto actual á cidadanía e dotar así dun novo lugar de entrenimento para os vigueses e as viguesas.

Humanizacións
A Xunta de Goberno Local, segundo anunciou Caballero, tamén deu luz verde a outras tres reformas integrais de rúas, na zona do Toural e Ríos e na parque baixa e habitada de Julián Estévez, obras que darán comezo de inmediato.

As reformas dos núcleos de Toural e Ríos, incluidas no programa de rexeneración urbana do barrio de Teis, incluirán as rúas Robleda, Toural interior, Toural de Adentro, Camiño Real e Baixada á Igrexa, cun investimento de 813.000 euros.

A humanización da zona poboada de Julián Estévez, cuxo inicio será a próxima semana tras a aprobación do Plan de Seguridade e Saúde do proxecto, supón un investimento municipal de 250.000 euros e dará resposta a "unha das rúas máis degradadas da cidade de Vigo", que atópase "en condicións lamentables".

Canalizacións soterradas
A Xunta de Goberno Local aprobou igualmente modificacións de sendos proxectos de obra por valor de 84.000 euros, co obxectivo de ampliar e mellorar as redes de servizo soterradas -principalemente a canalización de saneamento e as redes de abastecemento de auga- das rúas Tomás Alonso, Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena, San Salvador, Doctor Cadaval, Lugo, Perú, Bolivia e Padre don Rúa.
Descargar todas as imaxes