O alcalde, Abel Caballero, recolleu esta mañá en Madrid a distinción
luns, 22 nov 2010
A cidade olívica é a primeira urbe galega en obter o galardón, premiando a aplicación en Vigo da Convención sobre os Dereitos do Neno. O alcalde subliñou o esforzo na construción de garderías, nos novos parques infantís, no aumento das axudas de comedor e nas novas bolsas de inglés. A Concellería de Educación iniciou fai catro meses os trámites para optar á IV Convocatoria "Cidades Amigas da Infancia" 2010-2014 de UNICEF.
luns, 22 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este luns a exposición "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para a Galicia" que, do 26 de novembro ao 13 de febreiro, exporá na Casa das Artes unha selección de 83 obras da colección municipal da plástica galega dos séculos XIX e XX. Na presentación, o nacionalista destacou que esta mostra, que se nutre dos fondos do Museo de Castrelos, é un avance da exposicón permanente que albergará a nova Pinacoteca.
luns, 22 nov 2010
En virtude do convenio asinado en 2007, a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, fixo hoxe luns entrega dunha achega de 250.000 euros ao alcalde pedáneo de Bembrive, Benito Pérez, correspondente á anualidade de 2010 para acometer obras de mantemento. A edil afirmou que os investimentos do Concello na parroquia desde entón ascenden a catro millóns de euros.
luns, 22 nov 2010
O programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura continúa mañá, 23 de novembro, cun novo espectáculo musical. Nesta ocasión será o concerto que ofrecerán Alasdair Fraser no violín e Natalie Haas no violonchelo, ás 20.30 horas no remodelado Auditorio Municipal.