Escoitar

O teatro infantil e familiar regresa o domingo ao Auditorio Municipal coa obra "Unha casa", de Higiénico Papel Teatro

O teatro infantil da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura continúa este domingo 21 de novembro ás 18 horas no Auditorio Municipal. Será coa obra "Unha casa", da compañía Higiénico Papel Teatro, recomendada para nenos e nenas de 3 a 8 anos e cunha duración de 40 minutos.

venres, 19 nov 2010
A obra narra a historia do traslado de Andrés e a súa familia a unha nova casa. Trátase dunha casa grande para unha familia grande, pero na que os ruídos inquedantes provócanlle medo. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 3 euros para os menores de 12 anos e 5 euros para os maiores. As entradas pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións. A programación completa pódese consultar na web www.vigo.cultura.org.