mércores, 17 nov 2010
O alcalde de Vigo asinou este mércores cos secretarios xerais comarcais de UGT, CC.OO. e CIG o convenio de colaboración entre estas e o Concello de Vigo -a través da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor. A aportación municipal en 2010 conxelouse, polo que o goberno local mantén a súa achega de 14.400 euros a cada unha para actividades de información e formación cidadá.
mércores, 17 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, mantivo este mércores unha xuntanza coa Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, tra a cal manifestou a preocupación do BNG polo afán privatizador do PP dende que chegou á Xunta de Galiza. Asegurou que está en xogo "o dereito universal da cidadanía a recibir atención sanitaria libre e gratuíta", polo que fixo un chamamento a "acudir en masa" á manifestación que terá lugar o vindeiro domingo, 21 de novembro en Santiago, en defensa da sanidade pública.
mércores, 17 nov 2010
Abel Caballero visitou este mércores o Centro Tecnolóxico Gradiant, na Facultade de Telecomunicacións viguesa, para coñecer o seu proxecto "moi avanzado" vencellado ao coche eléctrico e as demostracións realizadas a alumnos de distintos colexios de Vigo sobre sistemas de información vía Google Earth. O rexedor eloxiou a capacidade investigadora viguesa no campo das telecomunicacións e avogou pola "difusión" da capacidade viguesa no I+D+i.
mércores, 17 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou hoxe na entrega de premios da quinta edición do Concurso de Tapas do Casco Vello, que recaíron na Cafetería-Bar XII, o restaurante A Curuxa, que acadou tamén o premio á mellor presentación, e o Restaurante Picadillo. Expresou a súa satisfacción tanto polo aumento de establecementos participantes, que foron 18 nesta edición, como polos clientes que este ano achegáronse en maior número ao Casco Vello. O responsable de Cascos Histórico afirmou que esta iniciativa é "un paso máis" na aposta pola dinamización do barrio.
mércores, 17 nov 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores o XV Encontro Sindical da Muller, que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de novembro no hotel Coia co lema "Saúde laboral, cuestión de xénero". A concelleira nacionalista salientou que estas xornadas, nas que a organización prevé a participación de arredor de cen mulleres, son xa un "referente" no traballo que realizan en Vigo as secretarías da Muller de CIG, UGT e CCOO.
O Pazo Os Escudos acolleu ademais unha xornada sobre o vehículo eléctrico
mércores, 17 nov 2010
O alcalde e presidente da Rede, Abel Caballero, subliñou a "consistente" participación rexistrada, a máis elevada das celebradas ata o momento. O Concello de Vigo presentou as súas liñas estratéxicas para converterse en cidade piloto do automóbil eléctrico, tanto na construción como no seu uso. O modelo vigués abrangue da fabricación ás vantaxes fiscais, a ordenanza municipal e as empresas de instalación e distribuidoras de enerxía eléctrica