Santi Domínguez salienta o éxito do Concurso de Tapas e dí que é "un paso máis" na dinamización do Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou hoxe na entrega de premios da quinta edición do Concurso de Tapas do Casco Vello, que recaíron na Cafetería-Bar XII, o restaurante A Curuxa, que acadou tamén o premio á mellor presentación, e o Restaurante Picadillo. Expresou a súa satisfacción tanto polo aumento de establecementos participantes, que foron 18 nesta edición, como polos clientes que este ano achegáronse en maior número ao Casco Vello. O responsable de Cascos Histórico afirmou que esta iniciativa é "un paso máis" na aposta pola dinamización do barrio.
Santi Domínguez salientou que o incremento do número de visitas respecto a outros anos, cunha media superior ás 700 tapas por local, amosa que a liña na que traballa a Tenencia de Alcaldía dá resultado porque a xente se achega ao Casco Vello. Destacou tamén a calidade das tapas elaboradas, o cal se pon de manifesto no feito de que moitos dos participantes manteñen actualmente no seu local a tapa presentada ao concurso.
O nacionalista apostou por "seguir traballando conxuntamente" entre o Concello de Vigo e a asociación VigoVello, polo que avanzou que se farán máis actividades para dinamizar o barrio. Asegurou ademais que os orzamentos de 2011 contemplan unha partida "moi importante" para afondar no obxectivo de seguir mellorado o barrio. "Queda traballo por facer, pero o meu compromiso de hai tres anos de que desta vez ía ser verdade a revitalización do Casco Vello está cumprido", subliñou.
Na edición deste ano o primeiro premio foi para a tapa "A perdición" da Cafetería-Bar XII, o segundo conseguíuno a tapa "Bocadinhos da Curuxa" e o terceiro a tapa "Bolsiña cruxente de verduras e quixo con salsa de frambuesa" do restaurante Picadillo.
Por outra banda, presentatáronse 1.450 cartillas que cumprían os requisitos establecidos nas bases do concurso, cun mínimo de 9 selos de locais participantes cubertos. Entre elas, resultaron gañadores de tres cheques-compra por un importe de 300 euros cada un Nieves del Río Otero, Ambriosio García Estévez e Peregrina Oya.
Descargar todas as imaxes