O alcalde pide á Xunta que inclúa o arranxo dos espazos entre os edificios no novo contrato para a obra da zona verde de Navia
Abel Caballero anunciou este mércores o envío dunha carta ao conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, solicitando que inclúa o acondicionamento dos espazos entre os edificios de Navia na nova adxudicación que prevé o goberno autonómico para finalizar a zona verde desta populosa zona viguesa, tras decidir a rescisión do contrato coa actual constructora. "Ten que atender a Navia nas condicións que Navia require", asegurou o alcalde.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, demandou este mércores ao conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, que aproveite a nova adxudicación da zona verde de Navia para incluir tamén o arranxo dos espazos existentes entre os edificios.
A Xunta de Galicia, segundo publican hoxe os medios de comunicación, decidiu rescindir o contrato con Bruesa para a construcción da zona verde de Navia, e adxudicará a unha nova empresa a finalización da mesma. Ante esta nova contratación, Caballero anunciou o envío dun escrito a Hernández solicitándolle que a nova adxudicación inclúa igualmente o "acondicionamento" dos espazos entre os edificios, que atópanse actualmente "abandonados", en "pésimas condicións" e "cheos de cascallos".
Abel Caballero, que non entrou a valorar a decisión autonómica da rescisión do contrato con Bruesa, amosouse "moi preocupado" polos "dous anos de retraso" que acumula a finalización do novo parque de Navia, un barrio no que habitan actualmente unhas 15.000 persoas. "Ten que atender a Navia nas condicións que Navia require", asegurou o socialista, quen explicou que a consellería que dirixe Agustín Hernández ten a obriga de acometer tamén a mellora dos espazos entre as vivendas ao ser competencia autonómica.
O alcalde afirmou que o Concello está a limpar aqueles espazos que están sen valar pese a non estar todavía cedidos pola Xunta, mais nas zonas con acceso restrinxido por valos o goberno local non pode limpalos por ser ilegal.
Descargar todas as imaxes