Escoitar

A Concellería de Educación garante para esta semana o traslado do conserxe do colexio Virxe do Rocío

A concelleira de Educación, Laura López Atrio, explicou este martes o acordo alcanzado co conserxe do centro educativo para o seu traslado de residencia, facilitando así o espazo para a construcción do novo colexio. Así o informou a edil socialista aos pais e nais do Virxe do Rocio, vía escrita e oral, e asegurou que a negociación para o traslado iniciouse en verán e seguíu as indicacións dos asesores xurídicos municipais para respectar a legalidade.

martes, 16 nov 2010
1289910427laura.jpg
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, explicou hoxe martes que o traslado do conserxe do colexio Virxe do Rocío, en Coia, estará concluído esta mesma semana.

Atrio indicou que o proceso de construcción do novo edificio deu comezo fai sete anos, coa reclamación do centro ante a Xunta de Galicia. En 2008 deixouse elaborado o proxecto, o mesmo que o actual executivo galego adxudica recentemente.

Este verán, o Concello de Vigo participou no desaloxo do colexio vigués -actualmente vacío desde entón- e iniciou ao tempo as xestións para trasladar ao conserxe da súa vivenda anexa ao centro, ao ser preciso o espazo para o novo edificio. "Circunstancias graves persoais", aseverou a edil, o impediron, e o Concello tivo que agardar pola orde da Xunta de Galicia demandando o local para o novo centro, informe que chegou ao Concello o pasado 17 de outubro. Desde entón continuaron as negociacións ata acadar un acordo que seguiu co procedemento legal estipulado: informes xurídicos e aprobación pola Xunta de Goberno Local.

A concelleira tamén explicou que o conserxe nunca se negou á cesión, pero que non sería legal obligalo a abandonar a súa vivenda. Atrio comunicou por escrito e esta mesma mañá verbalmente aos pais e nais do centro a resolución desta cuestión e instou á Xunta de Galicia a que inicie os traballos de demolición do vello centro, ao estar vacios desde o verán.
Descargar todas as imaxes