Iolanda Veloso inaugura a mostra "Non só doen os golpes", no marco dos actos contra a violencia de xénero
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, inaugurou este luns a exposición fotográfica "Non só doen os golpes", de Pamela Palenciano, na Escola Oficial de Idiomas. A concelleira nacionalista destacou que esta mostra, incluída na programación dos actos do Día internacional contra a violencia de xénero e que poderá visitarse ata o 29 de novembro, ten o obxectivo de "sensibilizar á cidadanía sobre este problema que causa demasiadas mortes no noso país e situacións moi duras na nosa cidade".
Iolanda Veloso afirmou que é dunha exposición "sumamente interesante polo seu enfoque sobre a violencia de xénero, dende a propia experiencia vital da autora". Partindo do lema que centra o 25 de novembro "Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas", explicou que a mostra está integrada por 46 imaxes distribuídas en 7 fases que marcan os principais momentos que atravesan as mulleres que sofren a violencia machista.
A concelleira de Igualdade destacou que o mesmo día de remate da exposición, o 29 de novembro, Pamela Palenciano impartirá na Escola Oficial de Idiomas un obradoiro sobre a violencia de xénero. Finalmente, expresou o seu agradecemento á Escola por acoller esta mostra, xa que permite afondar na sensibilización sobre a violencia de xénero "nun espazo polo que pasan moitas persoas, sobre todo xente nova".
As actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero continúan con diversas accións escénicas, como o ciclo de cine "Realidades invisibles", que se celebran os luns do ata o 29 de novembro, ás 20:30 horas no Centro Cultural Caixanova. O ciclo de Cinema infantil e xuvenil, que sigue os días 21 e 28 de novembro, no Verbum ás 17:30 horas, Cinema xuvenil. Ademais, o Vídeo Forum, terá lugar os días 16, 17 e 23 de novembro no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Os actos culminarán coa manifestación contra a violencia de xénero o día 25, ás 20 horas dende a Praza de Urzáiz, e a lectura dunha declaración institucional do Concello de Vigo o 29 de novembro.
Descargar todas as imaxes