Axentes da Policía Local forman a futuros pais e nais na seguridade dos bebés nos vehículos
O alcalde, Abel Caballero, acudiu na mañá deste venres ao Centro de Saúde de Coia, onde se imparte clases do curso de Sistemas de Retención Infantís para futuros pais e nais. O rexedor invitou a cidadanía a anotarse nesta formación vial que ensina as medidas de seguridade para o bebé e o posicionamento do carrito nos vehículos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este venres á cidadanía viguesa a anotarse nos cursos para futuros pais e nais que imparten axentes da Policía Local sobre seguridade infantil nos vehículos.
O curso de Sistemas de Retención Infantil, como explicou o propio Caballero, ten coma obxectivo "ensinar a seguridade dos bebés nos coches" e tamén no tocante ao lugar máis axeitado onde colocar o carro do pequeno.
Empadroamento
Abel Caballero afirmou que, durante a visita a unha das clases no Centro de Saúde de Coia, intercambiou impresións cos futuros pais sobre a importancia de estar empadroado na cidade.
O alcalde explicou que, neste momento, o censo de vigueses e viguesas eleva a poboación de Vigo a 299.080 persoas, e a cifra dos 300.000 serviría para que a cidade reciba máis recursos e "para ter todavía mellores servizos municipais".
Descargar todas as imaxes