xoves, 11 nov 2010
Abel Caballero visitou este xoves os traballos de acondicionamento que leva adiante o Concello para habilitar en Tomás Alonso unha escola infantíl, un investimento de 250.000 euros que sumará 80 prazas ás actuais. O alcalde indicou que estanse a reformar outros dos espazos para ser convertidos en escolas infantís -en Mestres Goldar e en Casiano Martínez- prácticamente duplicando a oferta actual ao sumar o próximo ano 260 novas prazas.
xoves, 11 nov 2010
O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, acompañaron este xoves á dirección da Federación de Asociacións de Veciños na presentación da gran festa veciñal, que ten programados distintos actos desde ás 11 horas -gaitas, cantareiras, violíns ou guitarras- ata as 19 horas cun espectáculo de humor. Os veciños homenaxearán a traxectoria de persoas que "anónimamente" traballan a prol da cidadanía viguesa.
xoves, 11 nov 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves a continuación do programa estable de artes escénicas do Auditorio Municipal ata fin de ano. Segundo destacou o concelleiro nacionalista trátase dunha programación "ampla, variada e para todos os públicos" que ademais "pon en valor un espazo como é o renovado Auditorio Municipal" e inclúe representacións teatrais para público adulto e infantil e actuacións musicais. A programación completa pódese consultar na web www.vigo.cultura.org.
xoves, 11 nov 2010
O alcalde de Vigo e presidente da Rede, Abel Caballero, inaugurará coa Secretaria de Estado de Cambio Climático, Teresa Ribera, a Asamblea, que celebrarase os días 15 e 16 de novembro. Coincidindo coa mesma, terá lugar a Xornada "O Vehículo Eléctrico nos Municipios Españois". Tamén se procederá á entrega da terceira edición dos premios ás boas prácticas locais polo clima.
xoves, 11 nov 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este xoves a XVIII edición da Festa Infantil do Judo, na que participarán máis de 1.500 deportistas o vindeiro 28 de novembro no Instituto Feiral de Vigo. O edil nacionalista salientou que este novo emprazamento é un reto para a organización, pero tamén "un marco obrigado porque o pavillón das Travesas xa quedaba pequeno".
xoves, 11 nov 2010
A programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal continúa mañá coa comedia "Sexo? Por que non?", que interpretará a actriz Mercedes Castro. A información completa da programación pódese consultar no 010 ou na web www.vigo.cultura.org.