Escoitar

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental colabora con Medio Ambiente na recuperación dos humidais

A Concellería de Medio Ambiente que dirixe a socialista Chus Lago conveniou coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia) a execución dun proxecto de inserción laboral para este colectivo, que realiza tarefas de limpeza no humidal de Muiños-Goberna. O pasado 2 de novembro plantaron asemade árbores autóctonas neste espazo.

mércores, 10 nov 2010
1289395670feafes.JPG
Os membros da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia están a participar no proxecto de recuperación dos humidais da cidade que impulsa a Concellería de Medio Ambiente que dirixe a socialista Chus Lago.

A Concellería de Medio Ambiente e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia) rubricaron nun convenio de colaboración un proxecto de inserción laboral para o colectivo orientado ao incremento da súa realización persoal, o que estase a materializar nos traballos de limpeza que realizan no humidal de Muiños-Goberno, dentro da iniciativa municipal de revalorización destes espazos naturais da cidade olívica.

Como parte da actuación dos integrantes da Federación, e en colaboración co departamento municipal de Medio Ambiente, o pasado 2 de novembro levaron a cabo no propio terreo do humidal unha plantación de especies arbóreas autóctonas.
Descargar todas as imaxes