Escoitar

A proba de selección para participar no coro Xovigo, que se celebrará no Auditorio Municipal, adíase ao 22 de novembro

O proxecto musical Xovigo traslada ao día 22 de novembro, no Auditorio Municipal, as probas de selección para participar no seu coro. Por outra banda, as probas para participar na orquestra mantéñense nos días 28 e 29 de decembro no Círculo Mercantil. O proxecto, impulsado pola Tenencia de Alcaldía e a Asociación Galega da Música está dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos.

martes, 9 nov 2010
Para participar en calquera das dúas modalidades do proxecto as inscricións poden realizarse por correo electrónico ao enderezo asociacionatlanticmusik@gmail.com. É preciso aportar o nome completo, a modalidade na que se quere anotar e no caso de querer formar parte da orquestra hai que indicar o instrumento e o centro no que se realizan os estudos musicais, se é o caso, e outros datos persoais como a idade, o NIF, o enderezo, o código postal, o teléfono e o enderezo electrónico.