Escoitar

O alcalde eloxia o novo aparcadoiro e a humanización de Castelao, "consistente e acorde coa zona"

Abel Caballero, xunto con concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación Municipal, asistiron este martes á inauguración do novo aparcadoiro soterrado da Avenida de Castelao, e a apertura da humanización en superficie. O novo estacionamento, unha "gran demanda" dos veciños da zona, conta con 400 prazas, suma en total case 10 millóns de investimento e será de balde ata o próximo luns, 15 de novembro.

martes, 9 nov 2010
1289309503castelao.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu hoxe martes á inauguración do novo aparcadoiro soterrado da Avenida de Castelao e á apertura da humanización da superficie, acto no que estiveron concelleiros dos tres grupos políticos da Corporación viguesa.

O novo estacionamento suma 400 prazas, alóngase por 325 metros da Avenida Castelao e presenta unha anchura media de 17,2 metros. O investimento total, sumado o parking e a humanización en granito, aproxímase aos 10 millóns de euros, segundo informou Abel Caballero.

O alcalde de Vigo eloxiou esta "actuación espléndida" da empresa , a mesma encargada do recentemente inaugurado en Jenaro de la Fuente, e asegurou que a reforma da Avenida é "consistente e acorda á zona" de Coia, que experimentou nos últimos meses humanizacións de rúas a ambas marxes da Avenida.

Esta mellora afonda no "Vigo armónico e cidadá" que impulsa o Concello coas humanizacións, segundo apuntou Caballero, que procura que "a xente viva as rúas". Para este obxectivo, o goberno local xa instalou ao longo da cidade 1.100 bancos, que ainda resultan insuficientes polo que o alcalde anunciou a próxima instalación de 1.500 unidades máis.
Descargar todas as imaxes