Caballero convocará aos alcaldes da Mancomunidade, Cangas e Moaña para definir coa Xunta de Galicia a Área Metropolitana
O alcalde de Vigo recibiu "coa man tendida" a solicitude do conselleiro de Presidente, Alfonso Rueda, de reunir aos rexedores da Área Metropolitana para perfilar o futuro desta entidade. Caballero amosouse "encantado" de coñecer "todas as propostas" sobre a cuestión e defendeu unha "lei singular" de Área, sen coste para a cidadanía, sen duplicar administracións e con capacidade de goberno.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este martes que convocará aos rexedores da actual Mancomunidade viguesa, Cangas e Moaña para definir co conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o proxecto de lei de Área Metropolitana de Vigo.
En declaracións aos medios de comunicación, Caballero informou que recibira onte un escrito do conselleiro solicitando unha reunión entre os alcaldes dos 14 municipios que inicialmente conformarían o ente para intercambiar opinións e coñocer a proposta autonómica ao respecto, ante o que o alcalde amosouse "encantado". "Todas aquelas propostas de cooperación que sirvan para mellorar van ser sempre ben recibidas", aseverou.
O alcalde olívico recibiu "de moi bo grado" a solicitude de reunión, asegurou que "esta é a forma na que hai que operar" e convocará aos máximos responsables dos concellos para "establecer a exposición dos proxectos de área metropolitana que hai neste momento" sobre a mesa.
Abel Caballero indicou que "en Vigo xa somos un área metropolitana" e polo tanto "queremos unha lei singular" para a comarca olívica en case a tres supostos: sen custes adicionais para cidadanía, evitando duplicidades administrativas e con capacidade de goberno.
O alcalde vigués confia en que esta reunión coa Xunta de Galicia e os seus homólogos nos catorce concellos sirva para abrir un diálogo "franco e aberto" sobre a Área Metropolitana e sexa ao tempo a vía definitiva para a súa aprobación e posta en marcha.
Descargar todas as imaxes