A XVIII edición da Festa Infantil do Judo reunirá a máis de 1.500 deportistas o 28 de novembro no Ifevi
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este xoves a XVIII edición da Festa Infantil do Judo, na que participarán máis de 1.500 deportistas o vindeiro 28 de novembro no Instituto Feiral de Vigo. O edil nacionalista salientou que este novo emprazamento é un reto para a organización, pero tamén "un marco obrigado porque o pavillón das Travesas xa quedaba pequeno".
Xabier Alonso incidiu na importancia de "aunar esforzos para que cada ano a festa judo sexa maior", segundo sinalou na presentación do evento, na que tamén participaron a delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas. Neste sentido o nacionalista destacou o traballo que realiza esta Federación e asegurou que "mover máis de 1300 deportistas con disciplina deportiva só se consigue con traballo e esforzo".
"Como concelleiro de Deportes considero que a cabeza da pirámide é moi importante, pero que a base sexa ampla é fundamental. No judo a base aumenta tanto que é unha satisfacción", manifestou Xabier Alonso respecto ao incremento de licenzas federativas nos últimos anos como ao aumento de participantes na Festa Infantil do Judo, na que o ano pasado participaron 1.322 judokas.
O presidente da Federación Galega de Judo afirmou que é unha "edición especial da festa", non só porque cumpre 18 anos e pola "aposta decidida das institucións implicadas", senón tamén polo "salto cualitativo" na convocatoria deste ano, ao pasar do pavillón das Travesas ao Ifevi. Comentou que mañá se pecha o prazo de inscrición para participar na festa e a día de hoxe hai xa 1.523 deportistas inscritos, polo que previsiblemente o número de participantes será maior. Dado o notable incremento de judokas ano tras ano, Mario Muzas expresou que o obxectivo da Federación para o vindeiro ano será chegar aos 2012 participantes.
Descargar todas as imaxes