Escoitar

Caballero visitou as obras da nova escola de música de Beade, cun investimento de 230.000 euros

O alcalde acudiu hoxe venres ao antigo chalé Agarimo, en Beade, onde o Concello está a construir unha escola de música para os ensaios da banda da parroquia e para a formación cultural dos rapaces e rapazas. Caballero indicou que esta nova dotación presentaba "moita demanda" na zona e anunciou que o proxecto inicial será ampliado, en coordinación coa formación musical de Beade.

venres, 12 nov 2010
1289568910beade.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres os traballos de construción da nova escola de música de Beade, no antigo chalé Agarimo, obra na que o Concello está a investir 230.000 euros procedentes de fondos estatais e na que traballan sete persoas.

Caballero explicou que había "moita demanda" na zona dun centro destas características, que posibilitará á banda de música de Beade os ensaios e tamén habilitará varios espazos para a formación cultural e artística dos rapaces e rapazas de Beade e de Vigo.

O proxecto inicial da escola será ampliado, segundo anunciou o alcalde, nunha actuación coordinada coa propia formación musical da parroquia viguesa. Explicou o socialista que a parte baixa acollerá un gran espazo para os ensaios da banda e a superior albergará salas independentes para as clases.

Abel Caballero avanzou que "nos agrada especialmente que as nenas e os nenos se inicien na actividade artística" polo que garantiu que nesa dirección "estaremos sempre dispostos a dar axuda".
Descargar todas as imaxes