Escoitar

O alcalde amósase "moi satisfeito" pola concesión dos avais a Vulcano, que permitirá manter uns 900 empregos no astaleiro

Tal e como anunciara onte xoves, PYMAR (Pequenos e Medianos Astaleiros en Reconversión) acordou conceder 4,3 millóns de euros máis a Factorías Vulcano para garantir, xunto coa aportación autonómica, a finalización do buque sísmico 533, que emprega a unhas 900 persoas. Caballero recordou que PYMAR, participada polo Goberno de España, avala con 47 millóns o barco e con outros 28 máis a actividade da empresa.

venres, 12 nov 2010
1289569058023.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosóuse este venres "moi satisfeito" pola decisión de PYMAR de avalar a Factorías Vulcano con 4,3 millóns máis para a construción do buque sísmico 533 e manter así os 900 empregos que xera.

Tal e como anunciara onte o propio Caballero, o Comité Executivo de PYMAR, participada polo goberno central, acordou por unanimidade conceder un novo aval que, sumado á aportación da Xunta de Galicia, permitirá a Vulcano rematar a construcción do barco e conservar os postos de traballo de preto de mil persoas durante nove ou dez meses.

O alcalde agradeceu a PYMAR e á Xunta de Galicia a concesión dos avais precisos para manter os empregos do 533 -"benvidos sexan os dous esforzos", apuntou-, pero aclarou que o goberno autonómico ten 17 millóns de avais no buque e a administración central, mediante PYMAR, ten avais por valor de 47 millóns de euros. Caballero sumou a esta cantidade os 28 millóns que a entidade naval ten asumidos en riscos co astaleiro vigués para a súa actividade, un apoio de PYMAR a Vulcano que ascende en total a 75 millóns de euros.

Por outra banda, o rexedor socialista afirmou que recibiu chamadas de agradecemento por parte da dirección do astaleiro e do comité de empresa pola mediación cursada desde o Concello, que Caballero extendeu á senadora Carmela Silva e ao parlamentario Manuel "Patxi" Vázquez.
Descargar todas as imaxes