Escoitar

O Verbum acolle durante os fins de semana de novembro un ciclo de cine infantil organizado pola Concellería de Igualdade

A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizan un ciclo de cine infantil e xuvenil durante os fins de semana deste mes de novembro, que terá lugar no museo Verbum ás 17:30 horas. O programa comezará este sábado, coa proxección de "Pérez, o rato dos teus sonos" e segundo informa a Concellería de Igualdade, ten entrada de balde e libre ata completar o aforo.

venres, 12 nov 2010
A primeira película do ciclo, que se proxectará en galego, narra a historia de Lucía, que vive cos seus pais nun barrio tranquilo, pero a noite que perde o seu primeiro dente, o Rato Pérez non chega a deixarlle a moeda. O domingo, 14 de novembro, o programa continuará con "Niki, a aprendiz de bruxa", e conta como se divirte voando na súa vasoira xunto a Jiji, un sabio gato negro.

O domingo, 21 de novembro, proxectarase "O meu veciño Totoro", que relata a historia dunha familia xaponesa que se traslada ao campo, nos anos 50. Finalmente, o domingo, 28 de novembro, pechará o ciclo "A brúxula dourada", baseada na primeira novela da triloxía de Philip Pullman A Materia Escura, "Luces do Norte". Céntrase na vida de Lyra, unha nena orfa de 12 anos que vive no Jordan College en Oxford e que pertence a un mundo composto por varios dimensións paralelas.