Escoitar
Xuventude

Diversos cursos

<br /> <br />

venres, 12 nov 2010
A TÚA IDEA PODE SER O TEU NEGOCIO

Contidos:
Obradoiro de finanzas. Realizar un plan financeiro.
Obradoiro xurídico-fiscal. Formas empresariais, réxime de traballadores/as, IVE, IRPF, LOPD, PRL, trámites de apertura.
Obradoiro de informática. Conceptos básicos de excell e power point para poder levar unha contabilidade básica.
Obradoiro de marketing e comunicación.
Plan de negocio
Destinado a: Mozos e mozas de Vigo, de 18 a 35 anos, que teñan unha idea ou proxecto de negocio. Haberá unha preselección para garantir a viabilidade do proxecto.
Lugar: Na Casa da Xuventude (Rúa López Mora, 31)
Datas e horario: Do 11 de decembro e ata marzo de 2011. Preguntar horarios e detalles na Casa da Xuventude. Duración: 120h.
Inscrición: Dende o 15 de novembro ata o 15 de decembro de 2010, por orde de inscrición, na Casa da Xuventude.
Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org


CREACIÓN DUNHA HORTA URBANA

Contido:
Serán dúas accións formativas gratuítas de creación dunha horta urbana: unha de inverno e outra de verán, independentes unha da outra e que se distribuirán dende o mes de decembro ata abril de 2011 e dende maio ata outubro de 2011 do seguinte xeito:
Acción formativa de inverno: Dende decembro de 2010 ata abril de 2011. 15 participantes.
Acción formativa de verán: Dende maio de 2011 ata outubro de 2011. 15 participantes.
Os talleres e accións formativas realizaranse nos terreos do exterior das instalacións da Casa da Xuventude e dentro delas cando o tempo así o requira.
A duración dos talleres será de 4 horas mensuais aproximadamente. Os talleres se desenvolverán durante a mañá do primeiro sábado de cada mes.
Pretendese realizar en cada acción formativa (Inverno e verán) todo o proceso completo de implantación e creación dunha horta urbana.
O material, equipamento e ferramentas necesarias para a actividade están incluídos.
Destinatarios/as: Interesados/as no tema que estean empadroados no municipio de Vigo. No caso de menores de idade deberán traer unha autorización materna/paterna ou do seu titor/a.
Data de inicio da acción de inverno: Sábado 11 de decembro ás 10hs na Casa da Xuventude.
Documentación e inscrición: Fotocopia do DNI e certificado de empadroamento. Dende o 15 de novembro e ata o 10 de decembro. Por orde de inscrición.
Inscrición e máis info:
Concellería de Xuventude. 986.294806 e 986.223004. www.xuventudevigo.org.



Curso básico de INICIACIÓN Á ILUSTRACIÓN DIXITAL. I

Contido: Mediante a utilización de útiles para debuxar, realizaranse dúas ilustracións rematadas, unha en estilo cartoón e outra en estilo Pixelart.
Destinado a: Mozos e mozas de Vigo, con idades comprendidas entre 14 e 35 anos, e cunha base de coñecementos en informática windows básico, ademais de ter interese polo debuxo.
Lugar: No Punto Xove (Rúa López de Neira, nº 27 -Vigo).
Datas e horario: Días 13, 20 e 27 de decembro de 2010 e 3,10,17,24,31 de xaneiro de 2011,
en horario de tarde de 17:00 a 19:30h.
Inscrición: Dende o 15 de novembro ata o 10 de decembro de 2010, por orde de inscrición, no Punto Xove.
Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo. No caso de menores, é necesario autorización paterna/materna.
Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org


Curso gratuíto de MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Obxectivo: Curso de formación en temas sanitarios de manipulación hixiénica de alimentos. Homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Ao remate do curso realizarase unha proba de avaliación e entregarase o carné individual a cada participante.
Destinado a: Mozos e mozas ata os 35 anos de idade do Municipio de Vigo.
Datas e horario: O 22 de novembro, de 10:00 a 13:00h.
Lugar: Na Casa da Xuventude (López Mora, 31).
Inscrición: Dende o 15 ata o 19 de novembro, por orde de inscrición, na Casa da Xuventude.
Documentación para inscrición: Fotocopia do DNI e volante de empadroamento no Municipio de Vigo.
Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org


Curso "COMO LEVAR A CABO O TEU PROXECTO E NON MORRER NO INTENTO"

Contidos:
Da idea ao proxecto. Elaboración dun proxecto. Casos prácticos.
Administro o proxecto. Como facelo. Ferramentas e receitario.
Obradoiro "A miña iniciativa xuvenil"
Destinado a: mozos/as ata os 35 anos de idade:
Responsables de asociacións e entidades xuvenís da cidade.
Membros de entidades xuvenís ou de grupos informais de mozos/as que desenvolven ou pretenden desenvolver algún proxecto.
Datas e horario: Días 1, 2 e 3 de decembro, de 17:00 a 20:30h.
Lugar: Casa da Xuventude (rúa López Mora, 31).
Inscrición: Dende o 15 ata o 30 de novembro, por orde de inscrición, na Casa da Xuventude.
Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 – Espazo Mozo do Castro 986 485 541 www.xuventudevigo.org