Escoitar
Os participantes están citados para a saída ás 09:45h na Praza do Rei

"Vigo Camiño a Camiño" completa este domingo a segunda etapa da senda panorámica GR53

O departamento que dirixe Chus Lago programa a segunda etapa da senda, con saída no Monte dos Pozos e remate no Parque Forestal de Beade. A primeira das catro rutas do GR53 tivo lugar o pasado domingo, na que máis de 240 persoas camiñaron os 9,5 quilómetros da etapa. Para esta edición do "Vigo Camiño a Camiño", Medioambiente introduce como novidade a posibilidade de levar cans durante o percorrido

venres, 12 nov 2010
1289569126panoramica1.jpg
A iniciativa municipal "Vigo Camiño a Camiño" da Concellería de Medio Ambiente que dirixe a socialista ten programado para este domingo, 14 de novembro, a segunda etapa da senda panorámica GR53, que parte do Monte dos Pozos para finalizar no Parque Forestal de Beade.

O primeiro dos catro percorridos da senda tivo lugar o pasado domingo coa asistenza de máis de 240 persoas, que percorreron os 9,5 quilómetros que distan á parroquia de Saiáns do Monte dos Pozos. Para a segunda, os camiñantes completarán 13 quilómetros de percorrido algo máis esixente, polo que o departamento que dirixe a socialista Chus Lago recomenda ir equipado con roupa axeitada.

Como ben sendo habitual, aqueles interesados en completar o segundo tramo do GR53 deberán persoarse -previa inscripción no teléfono gratuito 010- na Praza do Rei ás 09:45 horas, para sair en autocar cara ao punto de inicio ás 10 horas. Cunha duración estimada próxima ás catro horas, os participantes estarán de volta na Praza do Rei sobre as 15 horas da tarde aproximadamente.

A principal novidade nesta edición de outono de 2010 do programa "Vigo Camiño a Camiño" permite a quenes así o desexen levar cans ao percorrido sempre que non estean catalogados como razas perigosas e cumpran cos requisitos estipulados polo Concello de Vigo.

Páxina web
O apartado de Medio Ambiente da páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org) ofrece toda a información relativa ás actividades previstas no "Vigo Camiño a Camiño", como as galerías de fotos e as edicións anteriores.

Para o GR53, a Concellería dispón na web municipal de arquivos descargables para coñecer as rutas a través do Google Maps, ademáis de información útil para os camiñantes sobre o perfil da etapa, a intensidade e recomendacións sobre a vestimenta.
Descargar todas as imaxes