Santi Domínguez destaca que a nova área deportiva de Barreiro dá resposta ás demandas veciñais de Lavadores
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este luns as obras da área deportiva ao aire libre de Barreiro, "que nuns meses será unha realidade", asegurou Santi Domínguez. A actuación, que inclúe unha pista polideportiva, unha zona para os deportes tradicionais e outra para a práctica de deportes de raqueta "dá resposta á unha vella demanda dos veciños e veciñas de Lavadores", destacou o tenente de alcalde.
O nacionalista avanzou que en decembro terá lugar a inauguración do novo complexo de auga, conformado por piscina cuberta, spa e ximnasio, e nos vindeires meses será realidade o espazo aberto polideportivo. "Esta zona deportiva aberta, o complexo de auga e o arranxo da pista da asociación veciñal amosan a aposta da Tenencia de Alcaldía e da Concellería de Deportes por Lavadores", asegurou Santi Domínguez.
Santi Domínguez explicou que a zona deportiva ao aire libre conta cun investimento de 1.133.290 euros. Está formada por unha pista polideportiva "descuberta e autoxestionable" de 23x44 metros cadrados, para practicar fútbol sala, baloncesto ou balonmán. Tamén haberá unha área destinada aos deportes de raqueta con catro pistas de pádel cubertas e catro descubertas, que complementarán as instalacións de Samil. Outra zona estará adicada aos deportes tradicionais, con cinco pistas para practicar petanca e dúas para chave.
Sinalou que o proxecto tamén ten en conta outras modalidades deportivas, polo que haberá unha pista de skate de 550 metros cadrados e nunha zona anexa de 145 metros cadrados construirase un pequeno edificio semisoterrado no que se ubicarán dous vestiarios, dous aseos, unha oficina e un almacén. "Tras a zona de Travesas e de Samil, Lavadores tamén se configurará como outra das grandes zonas deportivas da cidade", afirmou o tenente de alcalde.
Descargar todas as imaxes