luns, 15 novembro 2010

O alcalde e o delegado do Goberno en Galicia, satisfeitos pola volta á actividade dos traballadores de Factorías Vulcano

Abel Caballero e Antón Louro reuníronse este luns co Comité de Empresa do astaleiro vigués, unha vez foron concedidos os avais á finalización da construcción do buque sísmico 533. Traballadores e autoridades amosaron a súa satisfacción pola concesión do aval por parte de PYMAR que, xunto co do goberno autonómico, permite retomar a actividade á compañía viguesa.

Abel Caballero inaugura en Vigo a VI Asamblea da Rede Española de Cidades polo Clima

luns, 15 nov 2010

O alcalde e presidente da Rede, Abel Caballero, a Secretaria de Estado de Cambio Climático, Teresa Ribera, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Carlos Fernández, abriron este luns a VI Asamblea da entidade, que se celebra coincidindo coa xornada "O vehículo eléctrico nos municipios españois" que conta coa participación de responsables ministeriais e de ponencias de Barcelona, Sevilla ou Vigo.

Santi Domínguez destaca que a nova área deportiva de Barreiro dá resposta ás demandas veciñais de Lavadores

luns, 15 nov 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este luns as obras da área deportiva ao aire libre de Barreiro, "que nuns meses será unha realidade", asegurou Santi Domínguez. A actuación, que inclúe unha pista polideportiva, unha zona para os deportes tradicionais e outra para a práctica de deportes de raqueta "dá resposta á unha vella demanda dos veciños e veciñas de Lavadores", destacou o tenente de alcalde.

Iolanda Veloso inaugura a mostra "Non só doen os golpes", no marco dos actos contra a violencia de xénero

luns, 15 nov 2010

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, inaugurou este luns a exposición fotográfica "Non só doen os golpes", de Pamela Palenciano, na Escola Oficial de Idiomas. A concelleira nacionalista destacou que esta mostra, incluída na programación dos actos do Día internacional contra a violencia de xénero e que poderá visitarse ata o 29 de novembro, ten o obxectivo de "sensibilizar á cidadanía sobre este problema que causa demasiadas mortes no noso país e situacións moi duras na nosa cidade".