venres, 19 novembro 2010

O Concello recoñece ás entidades impulsoras do Campus do Mar vigués pola concesión do Campus de Excelencia Internacional

O alcalde de Vigo, en representación dos tres grupos políticos municipais, ofreceu hoxe venres un recoñecemento a todas as entidades e institucións promotoras da Excelencia Internacional obtida polo Campus do Mar vigués, un acto do que foron partícipes o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación, Marius Rubiralta.

Vigo será a primeira urbe galega en recibir a mención especial "Cidades Amigas da Infancia" que outorga UNICEF

venres, 19 nov 2010

O alcalde avanzou hoxe venres que a cidade olívica recibirá o próximo luns a mención especial de UNICEF como cidade amiga da infancia, a primeira urbe galega en conseguilo. Abel Caballero asegurou que a entidade recoñece así a aposta viguesa pola infancia, como amosa a construción de novas garderías, as becas de comedor e de inglés ou os novos parques infantís.

María Méndez convida a sumarse á xornada de sensibilización das ONGD que se celebrará mañá na Praza de Compostela

venres, 19 nov 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este venres a xornada solidaria que se celebrará mañá na Praza de Compostela, en horario de 11 a 13.30 horas e 16.30 a 19 horas, que tamén inclúe un concerto gratruíto no Auditorio Municipal ás 21.30, a cargo de La Habitación Roja. A concelleira nacionalista destacou que esta iniciativa, na que colaboran diversas ONGD que traballan en Vigo, ten por obxectivo "sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de que se cumpran os obxectivos do Milenio".

O goberno local destina 213.000 euros á construción ou ampliación de seis parques infantís na cidade

venres, 19 nov 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da contratación na Xunta de Goberno Local de 213.000 euros para melloras de ampliación ou creación de seis parques infantís na cidade, en Pedro Alvarado, Praza da Miñoca, Coutadas, Aragón, San Roque e Zamáns. Explicou o primeiro edil que o goberno local xa creou ou ampliou 150 parques infantís.

Xabier Alonso anuncia que o XII Trofeo Cidade de Vigo de Kárate contará mañá coa participación da selección galega

venres, 19 nov 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este venres o XII Trofeo Cidade de Vigo de Kárate que se celebra mañá sábado 20 de novembro, no polideportivo de Bouzas, a partir das 17.30 horas. Na presentación, na que tamén participou o responsable do clube A.D. Zanshin, Fernando Álvarez, o concelleiro nacionalista destacou que a selección galega será un dos equipos participantes nesta cita deportiva.

Santi Domínguez destaca a aposta polo Museo de Castrelos coas primeiras obras de mantemento que se fan en dez anos

venres, 19 nov 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, visitaron este venres as obras de reforma interior e mantemento que se están executando no Pazo de Castrelos cun orzamento de 120.000 euros. Tras a visita, o tenente de alcalde salientou a prioridade destas actuacións, as primeiras en dez anos, no obxectivo de converter ao Museo de Castrelos no elemento vertebrador da oferta museística de Vigo. <br />

Gaspar Zarrías pon a Vigo de exemplo no aproveitamento dos fondos do Plan E<br />

venres, 19 nov 2010

O alcalde avanza que os 7,5 millóns de euros que lle corresponden á cidade en 2011 dos fondos estatais adicaranse a bolsas de comedor, á política social e educativa e a mellorar a calidade de vida dos vigueses. Tanto Gaspar Zarrías coma Abel Caballero felicitaron ao tenente de alcalde polo traballo levado adiante nun pavillón que ten capacidade para 1500 espectadores, dos case que 400 son en grada móbil.

Turismo

Bases e convocatoria de catro bolsas de formación

venres, 19 nov 2010

En data Luns, 15 de novembro de 2010 publicouse no BOP nº 219, as bases xerais e a convocatoria de catro bolsas para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do Concello de Vigo, durante o período comprendido entre o 16 de novembro de 2010 ata o 15 de xullo de 2011.