Santi Domínguez salienta que a reforma da Praza de Diego Santos devolve un espazo emblemático á veciñanza de Bouzas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este xoves a remodelación do contorno da Praza de Diego Santos, que contou cun investimento de 261.000 con cargo ao Plan FEIL. O nacionalista afirmou que coas obras realizadas devólvese "un espazo emblemático aos veciños e veciñas de Bouzas" e expresou o seu compromiso de seguir traballando polo barrio co inicio do proceso de compra da Casa do Patín e novas humanizacións, como a rúa Ferreiros.
Santi Domínguez convidou á veciñanza a comprobar "o antes e o despois" da remodelación, que consistiu na rehabilitación do contorno da Praza Diego Santos e da rúa de acceso dende a alameda Suárez Llanos. "Tras o remate da reforma da rúa Cruceiro Vello estamos hoxe satisfeitos da actuación nesta praza do barrio de Bouzas", manifestou o tenente de alcalde.
Destacou que as obras tiñan o obxectivo de "recuperar o espazo público e renovar os servizos urbanos" e detallou en que consistiron. Renovouse a rede de abastecemento, mellorando o seu funcionamento e evitando as perdas de auga que había. Cambiouse a rede de abastecemento e renovouse o alumeado, substituíndoo por un sistema que logra unha "mellora considerable da eficiencia enerxética, así como a calidade e niveis de iluminación".
O tenente de alcalde sinalou que se fixeron canalizacións soterradas para a rede de telecomunicacións e de enerxía eléctrica. Ademais, indicou que na pavimentación da rúa combináronse lousas e lastros de granito e colocouse mobiliario urbano, entre o que mencionou bancos, papeleiras e árbores.
O nacionalista lembrou que na visita realizada á zona hai menos dun ano, na que igual que hoxe participou o concelleiro de Patrimonio Histórico Eudosio Álvarez, expresara o seu compromiso coa reforma do barrio. "O que viñemos a anunciar daquela hoxe está cumprido", afirmou. Santi Domínguez expresou o seu compromiso de "non parar aquí e seguir traballando polos veciños e veciñas de Bouzas".
Neste sentido anunciou o inicio de proceso de compra da Casa do Patín e a continuación das reformas de rúas, como Ferreiros, "en canto os orzamentos estean operativos". Finalmente, asegurou o seu compromiso e o do concelleiro de Patrimonio Históricos "coas conseguintes humanizacións".
Descargar todas as imaxes