Iolanda Veloso presenta o XV Encontro Sindical da Muller que se celebrará os días 18 e 19 centrado na saúde laboral
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este mércores o XV Encontro Sindical da Muller, que se celebrará os vindeiros 18 e 19 de novembro no hotel Coia co lema "Saúde laboral, cuestión de xénero". A concelleira nacionalista salientou que estas xornadas, nas que a organización prevé a participación de arredor de cen mulleres, son xa un "referente" no traballo que realizan en Vigo as secretarías da Muller de CIG, UGT e CCOO.
"Dende a Concellería de Igualdade gústanos subliñar o traballo que fan as mulleres nun mundo tan masculinizado como o sindical" destacou Iolanda Veloso. A concelleira de Igualdade comentou que nun momento de crise como o acual, as mulleres sofren as peores consecuencias, con maiores dificultades para facerlle fronte e unha maior merma dos seus dereitos. "Por iso é fundamental xuntarse e facer unha reflexión sobre os dereitos laborais", afirmou.
As xornadas comezarán o vindeiro xoves ás 10 horas co acto de apertura, no que participarán a concelleira de Igualdade, e as secretarias da Muller da CIG, Consuelo Martínez, de UGT, Ángeles Arias, e de CCOO, Elena Rodríguez e terá lugar a proxección da curtametraxe "Globos de agua". Ás 10.30 horas a técnica superior en prevención de riscos laborais, Manuela Caneda falará sobre riscos laborais na muller traballadora. Ás 12 horas a técnica do gabinete de saúde laboral da CIG Trinidad Villar ofrecerá un relatorio sobre enfermidades non recoñecidas no ámbito laboral e ás 13 horas a técnica en relacións laborais e prevención de riscos laborais Teresa Durán disertará sobre protocolos de actuación para a avaliación dos riscos laborais. Xa pola tarde, ás 16.00 horas terá lugar o obradoiro "Transformando un conto", a cargo da orientadora do IES Pazo da Mercé de As Neves Rosa Martín e ás 17.30 horas actuará o grupo Barafunda.
O día 19, a sesión comezará ás 9.30 horas coa mesa redonda titulada "Atrancos non resoltos", na que participará a secretaria comarcal de servizos da CIG, Transi Fernández, a secretaria de organización de Fes-Galicia de UGT Rosa Acuña e a socióloga do CIM de Nigrán, Carolina Iglesias. Ás 11 horas abordarase o problema das mulleres discapacitadas no ámbito laboral por parte da asociación Síndrome de Down e Cogami. Ás 12.30 horas a experta en Igualdade Ana Atrio falará sobre "Reflexións feministas" e ás 13.30 horas terá lugar a avaliación e o peche das xornadas.
Na presentación do encontro, a secretaria de Muller da CIG salientou a importancia da colaboración entre sindicatos e medios de comunicación para superar a discriminación de xénero. "Non pode haber avance social se a metade da poboacións está discriminada", afirmou Consuelo Martínez. Maila que recoñeceu que se teñen producido avances na lexislación en relación a este ámbito, criticou que "a patronal os bordea", como nos casos das zonas de descanso para mulleres embarazadas ou as zonas de lactancia. As diferenzas salariais entre homes e mulleres e a infravaloración de enfermidades reumáticas foron outros das discriminacións que mencionou.
A secretaria de Muller de UGT manifestou que as variadas organizacións de mulleres que existen en Vigo e as tres centrais sindicais, integradas no Consello Municipal da Muller, nótase a "ausencia de noticias nos medios sobre temas femininos". Neste sentido, Ángeles Arias destacou a necesidade de "facer máis visibles ás mulleres". A secretaria de Muller de CCOO destacou o traballo en "total harmonía" que desenvolven as mulleres dos tres sindicatos, en base "ao obxectivo que as une". Agradeceu a axuda da Concellería de Igualdade porque asegurou que sen ela "non sería posible celebrar o encontro".
Descargar todas as imaxes