martes, 16 nov 2010
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, explicou este martes o acordo alcanzado co conserxe do centro educativo para o seu traslado de residencia, facilitando así o espazo para a construcción do novo colexio. Así o informou a edil socialista aos pais e nais do Virxe do Rocio, vía escrita e oral, e asegurou que a negociación para o traslado iniciouse en verán e seguíu as indicacións dos asesores xurídicos municipais para respectar a legalidade.
martes, 16 nov 2010
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, salientou este martes a "boa saúde" coa que conta este organismo, ao ter acadado en nove meses os 70 socios colaboradores, obxectivo que tiña marcado para os tres vindeiros anos. O nacionalista anunciou a incorporación da Asociación de Hosteleiros de Vigo (Ahosvi) e da empresa encargada da xestión do Pazo de Congresos (Congrevigo) ao Padroado do Convention Bureau e o peche dun orzamento de 187.000 euros para 2011.
martes, 16 nov 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes a nova fase do programa municipal de axudas á rehabilitación de vivendas no Casco Vello e Bouzas, que afondan na recuperación dos barrios e na dinamización do sector. O nacionalista destacou que serán un total de 80 actuacións, 58 no Casco Vello e 22 en Bouzas, cun orzamento global de execución 3.225.000 euros dos que 1.800.000 están protexidos, pese a que segundo criticou o concelleiro nacionalista a Xunta aínda non fixo pública a súa convocatoria de axudas.
martes, 16 nov 2010
Abel Caballero entrevistouse na tarde de onte luns co novo director do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, o galego Daniel Miranda, e coa presidenta de Congrevigo, Ascensión Durán, empresa encargada da xestión desta dotación. Os prazos da obra prevén á súa finalización este ano, tras o que a concesionaria habilitará o espazo para abrilo ao público cunhas xornadas de portas abertas para a cidadanía.