O alcalde e o delegado do Goberno en Galicia, satisfeitos pola volta á actividade dos traballadores de Factorías Vulcano
Abel Caballero e Antón Louro reuníronse este luns co Comité de Empresa do astaleiro vigués, unha vez foron concedidos os avais á finalización da construcción do buque sísmico 533. Traballadores e autoridades amosaron a súa satisfacción pola concesión do aval por parte de PYMAR que, xunto co do goberno autonómico, permite retomar a actividade á compañía viguesa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado do Goberno de España en Galicia, Antón Louro, amosaron este luns a súa satisfacción polos avais concecidos por PYMAR a Vulcano que, xunto aos da Xunta de Galicia, permiten aos traballadores retomar a construcción do buque sísmico 533.
O alcalde e o delegado reuníronse este luns na sede olívica da subdelegación do Goberno co Comité de Empresa do astaleiro vigués, encontro tras o que as tres partes amosaron a súa satisfacción polo rotorno dos traballadores á súa actividade laboral.
O comité executivo de PYMAR (Pequenos e Medianos Astaleiros en Reconversión), participado polo Goberno de España, acordou o pasado xoves por unanimidade conceder o aval de 4,3 millóns que Vulcano necesitaba para completar a operación de financiamento do 533, por valor de 21 millóns de euros -o resto de avais ponos a Xunta-. O compromiso da empresa é destinar ese financiamento de forma exclusiva ao sísmico.
Abel Caballero agradeceu a concesión dos avais precisos para manter os empregos do 533 e recordou que o goberno autonómico avala con 17 millóns o buque e a administración central, mediante PYMAR, ten avais por valor de 47 millóns de euros. Caballero sumou a esta cantidade os 28 millóns que a entidade naval ten asumidos en riscos co astaleiro vigués para a súa actividade, un apoio de PYMAR a Vulcano que ascende en total a 75 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes