Santi Domínguez anuncia que o Pazo de Congresos e Ahosvi entran no Convention Bureau, que supera xa os 70 socios
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, salientou este martes a "boa saúde" coa que conta este organismo, ao ter acadado en nove meses os 70 socios colaboradores, obxectivo que tiña marcado para os tres vindeiros anos. O nacionalista anunciou a incorporación da Asociación de Hosteleiros de Vigo (Ahosvi) e da empresa encargada da xestión do Pazo de Congresos (Congrevigo) ao Padroado do Convention Bureau e o peche dun orzamento de 187.000 euros para 2011.
Santi Domínguez explicou na xuntanza celebrada hoxe do Padroado marcáronse os obxectivos para 2011, entre os que destacou a ampliación do número de socios colaboradores e a coordinación con outros entes relacionados co turismo. Neste sentido destacou a colaboración co Pazo de Congresos, da que o primeiro paso é a súa incorporación ao Padroado. "Con esta incorporación e a de Ahosvi, hoxe pechouse a articulación en relación ao turismo de congresos", afirmou.
O tenente de alcalde avanzou que ao longo de 2011 a Fundación Vigo Convention Bureau desenvolverá diversas accións promocionais, como a que se fará na feira IMEX de Frankfurt, unha das tres máis importantes do mundo para meetings e viaxes de incentivo, así como outros encontros que terán lugar en Barcelona e Chicago. Dentro do Spain Convention Bureau indicou que Vigo terá presenza en Francia, Estados Unidos, Alemaña e Italia.
O nacionalista subliñou o traballo que está a desenvolver o Convention Bureau, en tanto que máis de 5.000 persoas visitarán Vigo ao longo de 2011 a través dos distintos eventos xa pechados, como son o congreso internacional de touroperadores MITM Euromed, o I Salón do Bebé de Galiza e a reunión Internacional de Medicina Xeral e de Familia. Estas tres novas citas súmase ao Congreso Estatal de Ensino Privado, que xa se celebrou no pasado mes de outubro. Neste sentido e en resposta aos medios avanzou que para 2011estase traballando para traer á cidade dous novos congresos e un para máis 2012.
Respecto ao orzamento da Fundación Vigo Convention Bureau, o tenente de alcalde destacou que experimentou un notable incremento, ao chegar aos 187.000 euros para o 2011, propiciada pola incorporación de novos socios colaboradores. Ademais, afirmou que as contas de 2010 pechan cun superávit de 40.000 euros.
Descargar todas as imaxes