O alcalde e a ANPA solicitarán "conxuntamente" á Xunta de Galicia solventar as "serias deficiencias" do colexio Castelao de Navia
Tras unha reunión cos pais e nais do centro, Abel Caballero anunciou este xoves o envio dun escrito á Consellería de Educación da Xunta -conxuntamente coas nais e pais e a dirección do colexio- para que mellore as condicións do centro escolar Castelao de Navia. O alcalde invitará ao conselleiro a coñecer persoalmente unha zona na que habita maioritariamente xente nova con nenos e nenas "en idade escolar".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o ANPA e a dirección do colexio público Alfonso Rodríguez Castelao de Navia solicitarán "conxuntamente" por carta á Xunta de Galicia que solvente as "serias deficiencias" que presenta actualmente o centro escolar.
Así o asegurou este xoves Abel Caballero, quen chegou a este acordo tras unha reunión coa Asociación de Pais e Nais de Alumnos celebrada onte. O alcalde indicou que dirixirán sendos escritos á Consellería de Educación cun listado de actuacións necesarias a realizar no edificio educativo, para o que invitará ao titular do departamento autonómico para que coñeza de primeira man a situación de Navia.
O socialista recordou que Navia acolle actualmente a 15.000 veciños, cifra que continúa en aumento, maioritariamente xente nova con fillos e fillas "en idade escolar", polo que o barrio precisa de "resposta" en materia educativa.
Caballero prestou a súa vontade de diálogo coa Xunta ao respecto e detallou que a súa proposta é acondicionar o actual colexio que "quedou pequeno" e en segundo lugar unha ampliación do centro ou a construcción dun novo edificio.
García Barbón
O alcalde tamén referiuse ao estado do colexio García Barbón, "un dos centros de primaria máis importantes de Vigo", que instaurou un terceiro turno de comedor por falta de espazo no mesmo.
Caballero agradeceu aos pais e aos profesores o seu "esforzo" pero solicitou á Xunta de Galicia que amplíe esta dotación, porque "non ten máis capacidade" e o centro "ten que ter a atención que merece". Os comedores son competencia da Xunta de Galicia polo que o rexedor lle instou á Xunta de Galicia a resolver este problema.
Descargar todas as imaxes