O Auditorio Municipal acolle na xornada de mañá venres o monólogo de Pepo Suevos "Humor salvaxe"
As actuacións no Auditorio Municipal continúan mañá, 19 de novembro ás 21 horas, cunha nova sesión da programación estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura. Trátase do monólogo "Humor salvaxe" do artista Pepo Suevos, integrado no programa "Con T de teatro".
Pepo Suevos ofreceu xa máis de 700 actuacións en todo tipo de escenarios, aínda que os números en directo son a súa especialidade, cun formato do que pode presumir de ser un dos artistas galegos máis experimentados. Ademais da súa faceta como humorista, tamén ten traballado como actor para cine e televisión, e participou en series como Mareas Vivas, Rías Baixas ou Terra de Miranda e en longametraxes como Entre Bateas e Heroína. Tamén é guionista de programas como Land Rober.
O prezo das entradas para ver o espectáculo é de 7 euros, e poden mercarse na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións. A programación completa pódese consultar na web www.vigo.cultura.org.