Caballero asegura que vanse "intensificar" os cursos gratuitos municipais de uso do DNI electrónico
O alcalde de Vigo visitou no Casco Vello un dos cursos de formación que imparte gratuitamente o Concello nos catro centros cívicos da cidade, clases nas que sobre 60 alumnos e alumnas están a aprender o uso "enormemente util" do DNI electrónico, ao tempo que reciben de balde un lector. Caballero explicou que "imos intensificar estes cursos" sobre a administración electrónica.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este xoves o centro cívico do Casco Vello onde estase a impartir un dos cursos municipais gratuitos do uso do DNI electrónico, formación que "imos intensificar".
Caballero explicou que estas clases se están a ofertar nos catro centros cívicos do Concello (Saiáns, Teis, Casco Vello e Coruxo) e actualmente están a formar a unhas 60 persoas. Durante a visita, o alcalde puido comprobar que esta iniciativa é "enormemente útil" polas "posibilidades ilimitadas" que ofrece o novo DNI para realizar xestións coas administracións públicas.
"Imos intensificar este cursos", asegurou o primeiro edil, "porque o futuro vai por ahí". Os alumnos adquiren uns coñecementos básicos para empregar "razoablemente ben" esta nova tecnoloxía e reciben de balde un lector de DNI electrónico.
O alcalde recordou que son moitas as xestións que a cidadanía pode realizar a través da páxina web do Concello de Vigo mediante o novo documento de identidade, como pagos, solicitud do padrón ou consulta de expedientes, entre outros. "Queremos unha administración moderna", afirmou Caballero.
Descargar todas as imaxes