Escoitar

O goberno local destina 213.000 euros á construción ou ampliación de seis parques infantís na cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da contratación na Xunta de Goberno Local de 213.000 euros para melloras de ampliación ou creación de seis parques infantís na cidade, en Pedro Alvarado, Praza da Miñoca, Coutadas, Aragón, San Roque e Zamáns. Explicou o primeiro edil que o goberno local xa creou ou ampliou 150 parques infantís.

venres, 19 nov 2010
1290173916parque.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da aprobación na Xunta de Goberno Local celebrada onte da contratación por valor de 213.000 euros para a construción ou ampliación de seis parques infantís da cidade.

Detallou Caballero que esta contratación servirá para a adecuación das instalacións infantís de Pedro Alvarado, Praza da Miñoca, Coutadas, Aragón, San Roque e Zamáns, parques que súmanse á lista de actuacións do goberno local na materia neste mandato, que o rexedor cifrou en 150 ampliacións ou creacións de novos espazos para nenos e nenas.

Xunto a esta actuación de carácter integral, Abel Caballero quixo subliñar o proxecto que ten en marcha o goberno que preside para a creación dun gran parque de ocio en Castrelos, no que o Concello investirá un millón de euros.
Descargar todas as imaxes