Escoitar
Xerencia de Urbanismo

Incoación de expediente de modificación do PEPRI Casco Vello par ao ámbito definido como a panificadora

venres, 19 nov 2010
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día vinte e cinco de outubro de 2010, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro.- Iniciar expediente de modificación do ámbito definido no «PEPRI do Casco Vello de Vigo-Panificadora» para destinalo a un uso maioritariamente dotacional.

Segundo.- Suspender a tramitación de expedientes de concesión de calquera tipo de licenzas ou autorizacións para o ámbito. Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun diario dos de maior difusión da provincia."