mércores, 24 nov 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Fundación, Pedro Puente, rubricaron este mércores o convenio de colaboración polo que o Concello aporta 16.000 euros para a mellora da capacidade de integración e incorporación da comunidade xitana no mercado de traballo e o impulso de políticas sociais máis activas, nos eixos socio-laboral, formativo e de emprego.
mércores, 24 nov 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este mércores a reforma da Baixada á Herba, que contou cun investimento de 140.000 euros con cargo ao Plan Feil. No acto, o nacionalista destacou que na actual lexislatura o Casco Vello recibiu "o maior investimento directo por parte do Concello de Vigo que nunca se fixo", con máis de 25 millóns de euros. O tenente de alcalde indicou que este forte investimento permitiu que nestes momentos xa estean reformadas todas as rúas principais do barrio, se renovaran os servizos públicos e en construción novas dotacións culturais.
mércores, 24 nov 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, trasladou os seus parabéns aos integrantes da Fundación IgualArte polos traballos artísticos contra a violencia de xénero que realizaron os alumnos e alumnas do centro. A concelleira nacionalista, durante a visita á exposición, destacou o traballo dos creadores e creadoras na realización das obras, que poden visitarse ata o día 29 na sala de exposicións da Biblioteca Pública Central, en horario de luns a venres de 9 a 20.30 horas e de 10 a 14 horas.
mércores, 24 nov 2010
No Museo de Arte Contemporánea de Vigo remata esta semana a a programación audiovisual de ArtFutura no salón de actos del MARCO. As proxeccións, que comezaron o 4 de novembro e estiveron en marcha durante todo o mes, finalizarán este sábado 27 de novembro. ArtFutura está consolidado como o festival máis importante dedicado ás implicacións sociais, culturais e artísticas da tecnoloxía dixital e os novos medios.