Xabier Alonso destaca a suma de áreas deportivas á rede de gas natural para reducir a contaminación e potenciar o aforro
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este martes a incorporación de diversas instalacións deportivas de Vigo á rede de gas natural no obxectivo de reducir a contaminación ambiental. Deste xeito, o pavillón central de As Travesas, os pavillóns do Carme e Frontón-Vermella, así como o complexo deportivo de Balaídos súmanse ás piscinas de Teis, Travesas, Lavadores e Valadares, o ximnasio do Carme e o pavillón do Berbés, que xa contan con este sistema que potencia o aforro enerxético.
"A Concellería de Deportes fai un esforzo por adaptar as nosas instalacións a unha necesidade social como é preservar o medio ambiente", salientou Xabier Alonso. Neste sentido, o concelleiro nacionalista explicou que se aproveitou a finalización do contrato para incorporar ao sistema novas instalacións deportivas, "priorizando a redución de emisións de CO2".
Para o concelleiro de Deportes é fundamental estender o emprego de enerxías limpas nas instalacións municipais, como neste caso substituíndo o consumo de gasóleo por gas natural e "reducindo o impacto ambiental", destacou.