70 alumnos da Escola Oficial de Idiomas poderán estudar varias linguas no estranxeiro becados polo Concello
Abel Caballero avanza que o vindeiro curso se ampliarán a 450 bolsas, entre as ofertadas entre os estudantes de secundaria e da Escola Oficial de Idiomas, e subliñou que "este é o mellor legado que se lle pode deixar aos mozos". A Xunta de Goberno Local aprobou este martes as bases da convocatoria para a estancia lingüística no estranxeiro dos estudantes da EOI no curso 2010-2011, para as que se prevé un investimento de 100.000 euros. A convocatoria vai dirixida aos alumnos matriculados nos niveis intermedio II e avanzado I dos departamentos de inglés, francés, alemán e italiano, co fin de que participen nun programa educativo no país correspondente.
A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde as bases reguladoras e a convocatoria específica das bolsas "Alcaldía de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, curso 2010-2011.
En total son 70 bolsas, que se adxudicarán en réxime de concorrencia competitiva, para estudantes matriculados nos niveis intermedio II e avanzado I dos departamentos dos idiomas de inglés, francés, alemán e italiano, e ás que o goberno local adicará un investimento de 100.000 euros. As bolsas estarán repartidas do seguinte xeito: 55 a Londres, 9 a París, 4 a Berlín e 2 a Roma.
A bolsa irá destinada, tal e como recollen as bases, a estancia durante dúas semanas en Inglaterra, Francia, Alemaña e Italia, cos gastos de viaxe de ida e volta desde Vigo ata a cidade de destino incluídos. Ademais está tamén incluída a matrícula do curso intensivo nun centro académico cun programa de clases de 30 horas semanais e o aloxamento en residencias universitarias ou outras.
O alcalde subliñou hoxe que estas bolsas véñense a sumar as 250 ofertadas este curso entre o alumnado de educación secundaria de centros públicos e privados da cidade. Avanzou neste sentido que o vindeiro curso as bolsas se ampliarán ata chegar ás 450 ao considerar que "este é o mellor legado que lle podemos deixar aos mozos".
Tal e como recollen as bases da convocatoria o prazo de presentación de solicitudes será de 7 días hábiles a partir desde o día seguinte á publicación da convocatoria na prensa local. Ademais tamén destacan, entre os requisitos, a necesidade de estar empadroado na cidade, non ter residido nun dos países de fala do idioma en que se concede a bolsa durante máis de 12 meses nos 10 últimos anos ou non ter gozado nos cinco últimos anos dunha axuda para un programa similar.
Os alumnos que desexen optar a esta axuda poderán recoller o modelo de solicitude no servizo de Educación do Concello de Vigo (rúa Oporto nº 1, baixo), nas dependencias da EOI ou ben descargalas na páxina web municipal, www.vigo.org, no seu apartado de Educación.
A selección de solicitudes determinarase baixo os criterios de maior cualificación resultante da media obtida nos cursos académicos 2007-2008, 2008-2009 e 2009-2010 na Escola Oficial de Idiomas.
Descargar todas as imaxes