Escoitar

Raquel Díaz fai entrega de 250.000 euros á Entidade Menor de Bembrive para realizar obras de mantemento na parroquia

En virtude do convenio asinado en 2007, a concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, fixo hoxe luns entrega dunha achega de 250.000 euros ao alcalde pedáneo de Bembrive, Benito Pérez, correspondente á anualidade de 2010 para acometer obras de mantemento. A edil afirmou que os investimentos do Concello na parroquia desde entón ascenden a catro millóns de euros.

luns, 22 nov 2010
1290431819raquel.jpg
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, entregou este luns un talón por valor de 250.000 euros ao alcalde pedáneo de Bembrive, Benito Pérez, para acometer obras de mantemento na devandita parroquia viguesa.

Segundo explicou a edil, esta cantidade corresponde á anualidade de 2010 en virtude do convenio asinado entre as partes en 2007 para colaborar co financiamento da Entidade Menor. Ata o momento a cifra achegada polo goberno municipal ascende a un millón de euros para arranxo de rúas e viais en Bembrive.

Raquel Díaz indicou que a esta cantidade hai que sumarlle outros tres millóns de euros que o Concello, de xeito directo, leva investido en Bembrive nos últimos tres anos e medio, para acometer melloras na rede de saneamento e abastecemento e en humanizacións de rúas. Deste xeito, son catro millóns de euros os destinados á Bembrive polo goberno local.

A concelleira socialista sinalou que a entrega desta anualidade é froito da "colaboración do goberno coa Entidade Menor de Bembrive" para a mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas. Pola súa banda, o alcalde pedáneo asegurou que a Entidade Menor inviste case 400.000 euros na parroquia -incluindo o convenio co Concello- e agradeceu á edil municipal a entrega da anualidade.
Descargar todas as imaxes