Escoitar

O alcalde salienta o "esforzo" do Concello na reforma dos colexios públicos vigueses, cun investimento de 500.000 euros

Abel Caballero visitou hoxe mércores o centro educativo Pintor Laxeiro, no entorno das Travesas, onde o Concello acometeu reformas no patio infantil cunha cuberta antideslizante por valor de 26.000 euros. O alcalde engadiu que o "esforzo" municipal na mellora das instalacións educativas públicas ascende a 500.000 euros, ademais do investimento as bolsas de comedor e para estudar en inglés no estranxeiro.

mércores, 24 nov 2010
1290605913colegio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe mércores o CEIP Pintor Laxeiro onde subliñou que o "esforzo" económico do Concello na reforma e acondicionamento das instalacións educativas da cidade ascende a medio millón de euros.

Este Centro de Educación Infantil e Primaria, localizado nunha zona de alta densidade de poboación, como é o entorno da Praza de América, inaugurou este mércores o novo patio infantil coa cuberta antideslizante habilitada polo goberno local, mellora para a que destinou 26.000 euros. O alcalde recordou asemade que este colexio continúa precisando da ampliación do seu comedor, o que fora comprometido fai ano e medio pola Xunta de Galicia ante o propio responsable municipal.

Ante os medios de comunicación, Abel Caballero explicou que o Concello está a orzamentar 500.000 euros para traballos nas instalacións educativas públicas da cidade olívica, investimento ao que se suma o que Vigo aporta á limpeza das mesmas e á concesión de bolsas municipais de comedor e para estudar en inglés no estranxeiro.
Descargar todas as imaxes