Santi Domínguez salienta na inauguración da Baixada á Herba que o investimento no Casco Vello supera os 25 millóns de euros
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou este mércores a reforma da Baixada á Herba, que contou cun investimento de 140.000 euros con cargo ao Plan Feil. No acto, o nacionalista destacou que na actual lexislatura o Casco Vello recibiu "o maior investimento directo por parte do Concello de Vigo que nunca se fixo", con máis de 25 millóns de euros. O tenente de alcalde indicou que este forte investimento permitiu que nestes momentos xa estean reformadas todas as rúas principais do barrio, se renovaran os servizos públicos e en construción novas dotacións culturais.
Santi Domínguez lembrou que ao inicio do mandato "diciamos que a recuperación do Casco Vello era un traballo para dúas lexislaturas, habida conta do deterioro desta zona emblemática", pero salientou que o impulso que se lle ten dado nestes anos ten sido moi importante para que hoxe xa a imaxe do barrio sexa outra ben distinta. "Dende este goberno cumprimos porque a realidade do Casco Vello é distinta", afirmou.
O tenente de alcalde afirmou que co seu compromiso persoal de recuperar o Casco Vello estase chegando a todos os recantos do barrio. Así sinalou que se remodelaron espazos centrais como a Porta do Sol, a rúa Real, Teófilo Llorente ou Abeleira Menéndez e só queda a reforma das travesías das rúas principais, que se acometerán o vindeiro ano. Pero indicou que agora xa se está actuando tamén en espazos como a Baixada á Herba "que non son habituais de paso para a cidadanía, pero que temos a obriga de mellorar". Segundo explicou, esta rúa é un "espazo singular do Casco Vello", aínda que maioritariamente descoñecido para os vigueses e as viguesas.
O nacionalista indicou que as obras supuxeron a renovación de todos os servizos, "actuando tanto no que se ve como no que non se ve". Ao respecto sinalou que ademais de renovar os colectores de saneamento de augas residuais, instaláronse novas redes para conseguir un sistema separativo de augas. Cambiáronse tamén os tramos deteriorados da rede de abastecemento e instalouse unha rede de subministro de gas.
Outro aspecto que salientou Santi Domínguez foi a renovación das instalacións de alumeado público, co obxectivo de "potenciar a sostenibilidade ambiental mediante a mellora da eficiencia enerxética". Neste sentido especificou que se instalaron luminarias de elevado rendemento e lámpadas de baixo consumo. Respecto ao traballo de pavimentación realizado, destacou que se conservaron as bandas de pedras que había antes na rúa.
"Esta obra é unha peza máis que dá forma ao noso proxecto de recuperación do Casco Vello. Peza a peza imos avanzando e acadando o noso obxectivo coa mellora das rúas, a renovación dos servizos públicos e as novas dotacións culturais", manifestou. O tenente de alcalde.asegurou que a recuperación do Casco Vello era unha asignatura pendente que este goberno non quixo que quedara suspendida.
Descargar todas as imaxes