Escoitar

O alcalde define o novo centro de día de Coia como o "froito ca cooperación entre o Concello e a Xunta de Galicia"

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguraron este venres o novo centro de día de Coia, na rúa O Grove. O rexedor vigués amosou a súa "satisfacción" pola posta en marcha dunha dotación que atenderá a unhas 70 persoas e que iniciouse coa cesión do solo por parte do Concello á daquela Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

venres, 26 nov 2010
1290781018017.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou este venres que o novo centro de día de Coia, localizado na rúa O Grove, é "froito da cooperación entre o Concello e a Xunta de Galicia".

Esta mañá inaugurouse a nova dotación que atenderá a unhas 70 persoas maiores, apertura pola que o alcalde amosou a súa "satisfacción". Caballero explicou que o goberno local cedeu o solo para que, fai dous anos e medio, a entón Vicepresidencia da Xunta de Galicia dirixida por Anxo Quintana e o propio alcalde puxeran a primeira pedra do edificio, que promoveu o executivo autonómico.

Abel Caballero quixo matizar que existen "serias deficiencias" na lateral do edificio derivadas da construcción do mesmo, que serán resoltas "en dous ou tres semanas como moito" pola Xunta de Galicia xa que a concesión da licencia está supeditada a esta reparación.
Descargar todas as imaxes